macau jogos lusofonia01

Novos mercados a gañar

Poñamos aínda algún exemplo máis, só algún, do que Galicia está a perder por non considerar unha estratexia de aproximación a este universo: o audiovisual galego perdeuse o Imargens, festival lusófono de cinema que tivo lugar en Cabo Verde no pasado mes de decembro; os empresarios galegos probabelmente se perderán un interesante encontro entre empresarios chineses e empresarios de toda a Lusofonía que terá lugar en Lisboa nos próximos 10 e 11 de abril; a selección galega de fútbol e outras que poderían ser creadas probabelmente se perderán os primeiros Jogos da Lusofonía, que decorrerán en Macau no próximo mes de agosto e que incluirán: Atletismo, Baloncesto, Tenis de mesa, Voleibol de praia, Taekwondo, Fútbol Sala e Fútbol. Tendo en conta que este último deporte contará tamén con seleccións de Brasil, Portugal e Angola, países de primeiro nivel mundial.

Apartados xeográficos Otros ARCHIVO
Idiomas Galego

A diversificación dos nosos mercados exteriores é unha cuestión estratéxica esencial para a economía galega, tanto máis canto as taxas de crecemento do mercado europeo presenta síntomas de estancamento dende hai anos. Nesa perspectiva, non deberiamos descoidar a atención a eses escenarios xeográficos nos que a facilidade lingüística, como facemos con aquela parte do mundo que se expresa en lingua castelá, pode axudarnos a penetrar máis doadamente. É esta facilidade de entendemento lingüístico, esencialmente, a que aproxima e abre a Galicia un mundo de posibilidades nos territorios de lingua portuguesa.

Poñamos cifras na mesa. A Lusofonía representa máis de 222 millóns de persoas no mundo e manexa aproximadamente a 50ª parte do PIB mundial. O PIB lusófono creceu, atendendo aos datos do Banco Mundial, a un ritmo medio de 4% entre 2000 e 2004, con Mozambique e Angola como puntas de lanza, con crecementos medios de 7,36% e 7,03% respectivamente durante ese período. Constitúe, pois, un mercado considerábel con perspectivas de crecemento notábeis que chegan mesmo a ser espectaculares: segundo publicaba o xornal portugués Público o pasado 9 de febreiro na súa versión electrónica, espérase que o crecemento de Angola durante o 2006 se sitúe arredor do 20%!

Na Lusofonía está Brasil, economía emerxente con espectacular potencial que, entre outras cousas, podería vir a ser o principal produtor mundial de bio-combustíbeis, substitutos limpos e renovábeis do petróleo, segundo ten aseverado o propio presidente Lula. Na Lusofonía está Angola, segundo maior produtor de petróleo da África Subsahariana. Na Lusofonía está Macau, porta de entrada para a China, nin máis nin menos. Na Lusofonía está Mozambique, país co maior crecemento mundial do turismo no ano 2005 segundo a Organización Mundial do Turismo, tendo ultrapasado o número de visitantes do 2004 en 37%.

A Lusofonía é costa, quilómetros e quilómetros de costa para os nosos mariñeiros e armadores. "Da minha lingua vê-se o mar" dicía o escritor portugués Vergílio Ferreira. A Lusofonía é necesidade de edificios, de estradas, de universidades, de tecnoloxía, de coñecementos técnicos do máis diverso tipo... para os nosos empresarios e profesionais especializados. A Lusofonía é tamén necesidade básica, de comida, de bebida, de medicina... para a nosa cooperación ao desenvolvemento. A Lusofonía é actividade cultural intensa e heteroxénea coa que nos enriquecer, e tamén mercado cultural para os nosos artistas: escritores, músicos, pintores... A Lusofonía é paraíso para o lecer e para o noso descanso: as praias caboverdianas, en permanente verán, con temperaturas ambientais entre 20ºC e 25ºC e temperaturas da auga entre os 21ºC e os 25ºC durante todo o ano; o Centro Histórico de Macau, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2005; o espectacular carnaval brasileiro...

Poñamos aínda algún exemplo máis, só algún, do que Galicia está a perder por non considerar unha estratexia de aproximación a este universo: o audiovisual galego perdeuse o Imargens, festival lusófono de cinema que tivo lugar en Cabo Verde no pasado mes de decembro; os empresarios galegos probabelmente se perderán un interesante encontro entre empresarios chineses e empresarios de toda a Lusofonía que terá lugar en Lisboa nos próximos 10 e 11 de abril; a selección galega de fútbol e outras que poderían ser creadas probabelmente se perderán os primeiros Jogos da Lusofonía, que decorrerán en Macau no próximo mes de agosto e que incluirán: Atletismo, Baloncesto, Tenis de mesa, Voleibol de praia, Taekwondo, Fútbol Sala e Fútbol. Tendo en conta que este último deporte contará tamén con seleccións de Brasil, Portugal e Angola, países de primeiro nivel mundial.

Galicia ten, en fin, practicamente as mesmas posibilidades de aproveitamento da Lusofonía que pode ter calquera país lusófono. Con dúas vantaxes que a fan única na Lusofonía e que lle poderían abrir, quizá, máis portas que aos demais países: Galicia é un país desenvolvido e Galicia non foi a metrópole imperial da Lusofonía.

País

Superficie

Poboación

PIB

PIB

% PIB

Taxa

IdH

 

(km2)

total

(millóns dólares)

per cápita (dólares)

mundial

crece
mento 2004

(1)

Angola

1.246.700,0

13..000

13.189

976,96

0,0400

10,0%

0,445

Brasil

8.547.400,0

176..000

492.338

2.787,87

1,3500

5,3%

0,792

Cabo Verde

4.033,0

446.000

797

1.787,00

0,0020

5,3%

0,721

Guiné Bissau

36.120,0

1..000

239

159,33

0,0010

-1,2%

0,348

Macau(2)

27,5

465.000

10.358

22.275,00

0,0300

28,6%

0,904

Moçambique

801.590,0

18..000

4.321

229,84

0,0100

8,4%

0,379

Portugal

91.980,0

10.400.000

147.899

14.221,06

0,4000

1,4%

0,904

São Tomé e Príncipe

1.001,0

187.410

59

314,82

0,0002

4,5%

0,604

Timor-Leste

15.007,0

953.000

341

357,82

0,0010

-3,1%

0,513

Totais

10.743.858,5

222.851.410

669.541

 

1,8342

 

 

Fonte: Institut de Relations Internacionales et Stratégiques (IRIS): L'Anne Stratégique 2006, Éditions Dalloz, Paris, 2005. Os casos en que foron usadas outras fontes aparecen relacionados nas notas (1) e (2).

(1) Os datos relativos ao IDH foron extraídos do sitio web Human Development Reports (última visita: 13/01/2006), excepto no caso do IdH de Macau. 

(2) Os datos relativos a Macau foron extraídos do sitio web da Direcção dos Serviços de Estadística e Censos de Macau (última visita: 13/01/2006). Nalgún caso (PIB, PIB per cápita, Porcentaxe do PIB mundial), a fin de facer equiparables os datos de Macau cos dos demais países foi necesario realizar cálculos propios a partir dos fornecidos no sitio web.