Segundo artigo da serie "A globalización das linguas"
CC4.0 Jun Chen, MD

O auxe do mandarín no contexto das relacións internacionais

Como previamente foi comentando, o chinés, concretamente o dialecto mandarín, está a ter un auxe a nivel internacional en tódolos ámbitos. A pesar de que o inglés sigue sendo a lingua globalizada por antonomasia, pouco a pouco o chinés está abrindo as súas portas cara o mundo das relacións internacionais.
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Otros
Idiomas Galego

Como previamente foi comentando, o chinés, concretamente o dialecto mandarín, está a ter un auxe a nivel internacional en tódolos ámbitos. A pesar de que o inglés sigue sendo a lingua globalizada por antonomasia, pouco a pouco o chinés está abrindo as súas portas cara o mundo das relacións internacionais.

Este crecemento abismal nace debido ao incremento do peso económico do país asiático nomercado internacional. É un feito que aprender chinés axudará positivamente a calquera persoa que queira traballar no sector internacional tanto público como privado, debido a que China é o segundo país a nivel de produción mundial e unha das maiores potencias económicas actualmente. Tamén é o país con maior poboación do planeta, o que implica a posible comunicación con 1,402 millóns de persoas que unifican o censo chinés. É o aspecto máis importante a nivel sociolingüístico, é que forma parte da tríade dos idiomas máis globais: inglés, chinés e español.

O lingüista inglés David Crystal no seu libro English as a Global Language (2003) establece que:

‘Could anything stop a language, once it achieves a global status?’ The short answer must be ‘yes’. If language dominance is a matter of political and especially economic influence, then a revolution in the balance of global power could have consequences for the choice of global language. (Crystal, 2003)

Dende hai moitos anos estase a falar do posible desbanque do chinés cara ao inglés como lingua principal no plano internacional xa que como teoriza Crystal, a dominancia lingüística é algo simplemente político e económico, mais, sería posible que o chinés pasase a ser a lingua dominante no contexto global?

Como se estableceu no artigo anterior, a gran vantaxe do inglés é a súa facilidade que ten á hora de aprender o idioma. Trátase dunha lingua cunha gramática básica, sen demasiadas formas verbais e unha fonética non excesivamente complicada. Pola outra banda, o chinés ten un dos maiores inconvenientes para as persoas que queren aprender unha segunda lingua no mundo occidental, un alfabeto diferente. O feito que o chinés utilice uns caracteres diferentes (hànzì) ao que adoitan utilizarse nos idiomas occidentais (alfabeto latino), incrementa a dificultade de aprendizaxe de dita lingua no marco occidental.

Ademais, xa non soamente pola grafía, o chinés ten un sistema fónico moito máis complexo ca maioría das linguas europeas. O chinés é unha lingua tonal, é dicir, non teñen demasiados sons silábicos e os falantes da lingua distinguen os sons pola entoación dada, isto fai que o chinés sexa unha lingua moi melódica.

Todas esas características fan que o seu estudo estea moito máis restrinxido e que a pesar de ser unha das linguas máis importantes do planeta, non se estea a estudar como lingua estranxeira tanto dentro como fora das aulas. Como demostración do dito, un artigo realizado pola coñecida app para aprender linguas Duolingo, amosa que as linguas máis estudadas polo seus participantes son o inglés, o francés e o español, sen aparición do chinés dentro dos primeiros postos dos idiomas estudados.

Outro aspecto destacable é o feito de que o inglés sexa a lingua da tecnoloxía e da era dixital. Saber inglés significa poder entender todos os novos produtos, aplicacións ou servizos tanto dixitais como físicos máis novos no mercado, posto que todas estas iniciativas van estar creadas para un público con certos coñecementos do idioma anglosaxón. Un exemplo claro disto é o uso común de vocabulario ‘cibernético’, palabras coma ‘software’, ‘e-mail’ ou ‘darlle a like’.

Pensar que todo o anterior pode mudar, cambiando un idioma polo outro, significa que debe haber un cambio en todos os tipos de relacións sociais realizadas no contexto electrónico deban ser traducidas, facendo uso en moitas ocasións de tradutores automáticos como ‘Google Translate’ ou ‘Deepl’ cuxa fiabilidade pode ser dubidosa en moitas ocasións. Este tema abordarase na seguinte entrega da serie.

– https://blog.duolingo.com/which-countries-study-which-languages-and-what-can-we-l
earn-from-it/