O debate peronista

Apartados xeográficos América Latina ARCHIVO
Idiomas Galego

Dende hai uns meses, a política arxentina baila ao ritmo do enfrontamento interno dentro do peronismo. As enquisas electorais dan polo momento uns resultados que indican que, de presentarse o Partido Justicialista cun só candidato, tería moitas posibilidades de gañar con maioría absoluta e ser elixido en primeira volta. Pero o partido está dividido e existen tres precandidatos que esta semana sabrán se deben loitar pola nominación partidaria en eleccións internas a celebrarse o 23 de febreiro ou ben armar movementos cos que concorrer pola súa conta ás eleccións presidenciais do 27 de abril, o que suporía a fractura definitiva do peronismo (co significado relativo que ten en Arxentina o concepto de definitivo).

O resto de partidos e candidatos se sitúan nun segundo plano eclipsados pola batalla do peronismo. Como exemplo, cabe tomar que a UCR, partido que gañou as últimas eleccións a través da fórmula da Alianza que levou a De la Rúa ao poder, celebrou as súas internas o 15 de decembro e aínda non conseguiu nomear candidato en medio de acusacións mutuas de fraude de ambos precandidatos. Cando decidan cál será o seu candidato, éste rondará o 2% de intención de voto.

A batalla peronista se da entre o sector liderado polo presidente Menem e o oficialismo, representado polo Presidente Duhalde. Éste conseguiu – tras varios intentos fallidos de convencer ao Gobernador de Santa Fe, Carlos Reutemann e acalar o "operativo clamor" que lle pedía que continuase máis alá da data da súa renuncia anticipada para o 25 de maio- un candidato que presentar ás eleccións contra Menem. O candidato é Néstor Kirchner, Gobernador da provincia de Santa Cruz.

Nos atopamos, entón, a días do congreso do Partido Justicialista con tres pre-candidatos peronistas moi igualados nas enquisas (arredor do 15% de intención de voto): o ex Presidente Carlos Menem, o Gobernador da provincia patagónica de Santa Cruz, Néstor Kirchner e o tamén exPresidente Adolfo Rodríguez Saá. Os tres candidatos se presentarán ás eleccións de calquer modo, pero Menem, que recolle un rexeitamento popular altísimo (chega ao 60% o número de cidadáns que expresa que nunca lle votaría), pretende ser elixido en eleccións internas como candidato único do Partido Justicialista.

No congreso do Partido Justicialista, case con toda seguridade o oficialismo, comandado polo Presidente Duhalde, anulará a convocatoria a eleccións internas para elixir candidato presidencial. Carlos Menem, principal interesado en que as internas se celebren, presentou un recurso ante a xustiza para impedir que sean suspendidas e solicitou a asistencia de observadores internacionais (da Organización de Estados Americanos) que certifiquen o suposto fraude que se vai a cometer. Duhalde está disposto a calquer manobra xa que teme que Menem poida alzarse co trunfo na interna partidaria.

Ao mesmo tempo, e como nos tempos nos que o xeneral Perón vivía e cada momento de tensión política se solucionaba cuns miles de persoas aclamando ao líder, Menem ameaza con presentarse no congreso acompañado de 10.000 militantes que o apoien. O mismo día están convocadas mobilizacións piqueteras no lugar nunha situación que promete tensión.