Unha análise de Yuri Fraccaroli, titulado en Dirección e Xestión Pública (Uvigo) e bacharel en Políticas Públicas (USP). Lucas Aidar dos Anjos é bacharel en Dereito pola PUC-SP.

O impeachment de Dilma Rousseff

“Que Deus teña misericordia desta nación”. Con esas palabras, Eduardo Cunha, presidente da Cámara dos Deputados e principal articulador nesa casa do impeachment da presidenta do Brasil, Dilma Rousseff, manifestou seu voto en favor da admisibilidade do proceso que actualmente tramita no Senado. Aínda que o fundamento en xuízo fora a práctica por Rousseff das chamadas “pedaladas fiscais” (cuestión contábel e orzamentaria), os principais elementos utilizados polos parlamentares nas súas breves manifestacións facían mención á relixión, á “familia” (sexa en abstracto ou a propia familia dos deputados)  e a valores tradicionais. Estas manifestacións foran vistas con certo asombro por boa parte da sociedade brasileira, porén demostraron de maneira simbólica os principais pilares discursivos da maior corrente parlamentar da Cámara dos Deputados: o chamado “centrão”. Esta é a denominación dada a un grupo supra-partidário, heteroxéneo e sen liderado claro, pero que representa intereses de sectores moi relevantes, como o agronegocio, a industria, as relixións cristiáns e un conservadorismo pragmático.

Liñas de investigación Observatorio Gallego de la Lusofonía
Apartados xeográficos América Latina
Idiomas Galego

“Que Deus teña misericordia desta nación”. Con esas palabras, Eduardo Cunha, presidente da Cámara dos Deputados e principal articulador nesa casa do impeachment da presidenta do Brasil, Dilma Rousseff, manifestou seu voto en favor da admisibilidade do proceso que actualmente tramita no Senado. Aínda que o fundamento en xuízo fora a práctica por Rousseff das chamadas “pedaladas fiscais” (cuestión contábel e orzamentaria), os principais elementos utilizados polos parlamentares nas súas breves manifestacións facían mención á relixión, á “familia” (sexa en abstracto ou a propia familia dos deputados)  e a valores tradicionais. Estas manifestacións foran vistas con certo asombro por boa parte da sociedade brasileira, porén demostraron de maneira simbólica os principais pilares discursivos da maior corrente parlamentar da Cámara dos Deputados: o chamado “centrão”. Esta é a denominación dada a un grupo supra-partidário, heteroxéneo e sen liderado claro, pero que representa intereses de sectores moi relevantes, como o agronegocio, a industria, as relixións cristiáns e un conservadorismo pragmático.

Para entender este grupo, deben ser comprendidos algúns factores esenciais da política brasileira. O sistema político brasileiro presentase como altamente fragmentado, contabilizando máis de 20 partidos con representación no Congreso Nacional, sendo que a maior parte deles non conta con programa ideolóxico claro, nin tampouco con militancia. Somado a este contexto, os deputados son electos por un sistema proporcional, que involucra cálculos complexos pouco comprensibles para o electorado. Iso tórnase aínda máis  problemático, considerando as amplías coalicións formadas para fins electorais, que reúnen partidos ideolóxicos e non ideolóxicos na busca de escanos. Por fin, o modelo vixente ata a última elección permitía doazóns privadas por empresas: as maiores corporacións brasileiras ten como costume distribuír contribucións millonarias entre diversos partidos, incluso, opoñentes directos. Aínda, é importante resaltar que a maioría absoluta dos parlamentares é masculina, branca, heterosexual, ben sucedida economicamente e posuí relixión declarada. Alén diso, moitos destes representantes son pertencentes ou están fortemente vinculados a elites locais, considerando a grande extensión do territorio brasileiro.

En suma, este é o contexto que rexe a composición da Cámara dos Deputados; é baixo estas condicións que o/a Presidenta da República necesita formar maioría parlamentar para poder gobernar. A coalición que reelixiu Rousseff en 2014 era formada por nove partidos, destes, catro compón o núcleo do chamado centrão: Partido do Movemento Democrático Brasileiro (PMDB), Partido Progresista (PP), Partido da República (PR) e Partido Social Democrático (PSD). Ningún dos catro posúe un liderado persoal ou colexiado firme, trátase de partidos con diversos liderados fortes, pero non hexemónicos. O maior e mais heteroxéneo deles é o PMDB, cuxo presidente, Michel Temer, é igualmente vice presidente do goberno de Rousseff. Ademais da vice presidencia, o PMDB ocupa as presidencias na Cámara dos Deputados e no Senado da República, respectivamente, con Eduardo Cunha e Renan Calheiros.

Ningún destes partidos ten proximidade ideolóxica co PT, e en diversos momentos, usaron seu peso parlamentar para impedir o avance de medidas progresistas por parte do goberno. Rousseff xamais demostrou habilidade na relación coa chamada base aliada, nin mesmo coa clase política en xeral, incluso membros de seu partido. A situación se agravou moito coa queda de súa popularidade aínda antes de súa reelección, moito en razón da onda de protestos ocorrida en xuño de 2013, que a pesar de contraria á clase política en xeral, atinxiu a Dilma particularmente. Sómase a este contexto, a crise económica iniciada en 2014 e as investigacións de corrupción na maior empresa nacional, a estatal petrolífera Petrobrás. Un claro exemplo das súas dificultades políticas no momento, foi a temida ameza de saída do PMDB de súa chapa. Michel Temer foi esencial para manter o PMDB na coalición, manténdose como candidato a vice presidente de Dilma. Sen embargo, Rousseff foi reelixida, por estreita marxe, en outubro de 2014; entre tanto, había grandes insatisfaccións con súas posturas e seu goberno, incluso na súa coalición e dentro do propio partido.

En 2015, a presidenta, a despeito do seu programa de campaña, tentou promover un duro axuste fiscal, en medio ao agravamento da crise económica e das novas descubertas de corrupción na Petrobrás por parte da operación Lava Jato, levada a cabo polo xuíz Serxio Moro. Neste panorama, elíxese presidente da Cámara, Eduardo Cunha (PMDB), que derrota por ampla marxe unha pouca estratéxica candidatura de candidato propio do PT. O centrão fixo o presidente da Cámara, en man contraria a tódolos esforzos do goberno. De aliado ocasional, Cunha tornase inimigo declarado do PT e, en especial, de Rousseff, utilizando de seu poder institucional sobre a Cámara e persoal sobre moitos parlamentares, para obstruír calquera pauta de interese do goberno. Neste período, os medios económicos afastaranse definitivamente de Rousseff debido ao deterioro continuo do cadro económico e súa fraxilidade política.

Concomitantemente a esta situación, grandes manifestacións de rúa, realizadas en especial pola clase media e con apoio de grandes grupos empresarias, e promovidas de maneira inédita por grupos de redes sociais, pasaron a esixir o afastamento inmediato da presidenta. Por outra banda, os grupos de comunicación cubriran intensamente estas manifestacións, en conxunto cunha grande exploración da crise política e económica, agravando aínda máis o descontentamento popular. Outro actor relevante que xurde neste proceso é o principal partido de oposición, o Partido da Social Democracia Brasileira (PSDB), que fortalecido pola boa votación nas eleccións presidenciais de 2014 (48,3% dos votos), optou por facer oposición radical ao goberno Rousseff, esixindo seu impeachment.

No fin do mesmo ano, nunha carta baleirada a prensa e dirixida persoalmente á Dilma Rousseff, o vice presidente Michel Temer anunciou formalmente seu descontentamento, e na práctica, o fin de súas relacións políticas coa presidenta. Desde entón, Temer estreitou aínda máis súas relacións co correlixionario Eduardo Cunha e pasou a articular o rompemento formal do PMDB co goberno, aproveitándose da ira popular e da fraxilidade de Rousseff no Congreso. Neste sentido, o chamado desembarque do PMDB do goberno foi efectuado en marzo de 2016, en reunión simbólica realizada por súa dirección nacional e de duración de soamente tres minutos.

Nese íntere, Cunha xa era identificado claramente como o máis próximo dun liderado superior que o “centrão” da Cámara xa tivera nas últimas décadas. No mesmo mes, Luis Inacio Lula da Silva, maior liderado do PT e responsábel pola elección de Dilma como súa sucesora en 2010, pasou a sufrir coas investigacións da operación Lava Jato. Cun campo político fráxil e temendo a deserción dos demais partidos do “centrão” de súa base aliada, Rousseff nomeou Lula como ministro xefe da Casa Civil (papel equivalente ao de xefe de gabinete ministerial na maioría dos países europeos). En poucas horas, escotas telefónicas da Lava Jato, envolvendo Lula e Rousseff, foron divulgadas por Serxio Moro. Con base nunha delas, xurdiu a interpretación de que os dous habían acertado o nomeamento de Lula, para que este pasara a contar con foro privilexiado, e así, non ser investigado directamente pola Lava Jato. A designación de Lula foi suspendida pola Xustiza no día seguinte. Entre tanto, na práctica, Lula pasou a exercer a función de articulador do goberno, co obxectivo de tentar salvar Rousseff dun impeachment cada vez máis inminente.

Nin mesmo Lula foi capaz de evitar o desembarque do segundo maior partido do “centrão”, o PP, días despois, ben como, do PRB (partido de forte tendencia neopentecostal). O desencadeamento do impeachment tornouse inevitábel, consumándose en 17 de abril de 2016, en sesión da Cámara presidida por Cunha. Mesmo as bancadas de partidos do “centrão” que aínda se aliaban formalmente ao goberno votaron amplamente pola apertura do proceso[1]. Foi de coñecemento público que Eduardo Cunha e Michel Temer articularon diuturnamente pola apertura do proceso nas semanas anteriores a votación, así como Romero Jucá e os liderados de oposición. O maior aliado do PT no PMDB, Renan Calheiros, presidente do Senado, non conseguiu influenciar bancadas na Cámara de maneira significativa. O resultado final foi un estrondoso 367 favorabéis contra 137 contrarios (eran necesarios 342 votos para apertura do proceso).

Actualmente, considérase o impeachment como a hipótese máis probábel. Como se pode ver, a coalición extra oficial que conduciu o proceso é liderada non apenas por Michel Temer, pero tamén por Eduardo Cunha, que por súa vez foi afastado do exercicio do mandato parlamentar pola Suprema Corte Brasileira en cinco de maio de 2016 debido a fortes sospeitas de uso do cargo para obstruír investigacións criminais contra ele, ben como a propia casación polos pares. Debido a esta composición extremamente heteroxénea, inestábel e que se formou tamén por promesas de ampliación de espazos na máquina nun suposto goberno Temer, o aínda vice presidente xa comeza a ter as mesmas dificultades de Rousseff para acomodar o “centrão” en seu eventual goberno. A oposición tamén articula seus espazos nese goberno, pero xa aceptou sua participación.

O nivel de inestabilidade político e institucional do Brasil nos últimos meses torna calquera proxección temeraria, porén, é claro que o “centrão” terá un poder que xamais tivo na historia brasileira. Sexa por súa heteroxeneidade, sexa por seu conservadorismo político, social e económico, torna moito plausíbel que ocorra un regreso nas políticas sociais instituídas nos gobernos do PT. Ademais, a forte influencia de medios económicos e de economistas neoliberais sobre Temer, suxire unha forte onda de privatizacións nas estatais brasileiras; un documento recente e oficial do PMDB fala expresamente en “privatizar todo o que for posíbel”[2]. Un dos principais focos sería o sector petrolífero; algúns dos principais aliados de Temer son defensores públicos dunha mudanza no réxime de exploración do Pressal, maior reserva petrolífera brasileira situada en augas profundas, de maneira a permitir a exploración directa e en grande escala por grandes compañías internacionais.

Nese marco, é evidente que os intereses xeopolíticos en xogo nun posíbel goberno Temer promoverán mudanzas na rexión suramericana. Se nos gobernos Lula e Dilma, a política internacional brasileira ademais de ter un forte protagonismo rexional, sacando proveito da insurxencia da chamada Nova Esquerda, tamén obxectivou unha reposición política brasileira no escenario internacional, coa formación dos BRICS, unha postura máis independente dos países do Norte e a promoción da chamada cooperación sur-sur, nun posíbel goberno Temer, accións de cooperación sur-sur e integración rexional probabelmente pasarían a segundo plano, e unha reaproximación cos EUA sería plausíbel. Iso significaría un claro enfraquecemento das accións do país no BRICS, así como dun esvaecemento do Mercosur.

Yuri Fraccaroli é titulado en Dirección e Xestión Pública (Uvigo) e bacharel en Políticas Públicas (USP) e Lucas Aidar dos Anjos, bacharel en Dereito pola PUC-SP.



[1] Polo ordenamento xuridico brasileiro, o ente responsável polo xuizo de admissibilidade do processo de impeachment é a Cámara dos Deputados, que em votación, debe reunir dous terzos de seus membros em posición favorável, para que o processo sexa iniciado. Unha vez aprobado póla Cámara, o processo segue ao Senado, onde se ratificada a instauración por maioria simples, se processa e xuga o presidente, sendo o impeachment consumado em caso de maioria de 2/3 favoráveis ao impedimento.