O legado de Hussein

Apartados xeográficos Oriente Medio ARCHIVO
Idiomas Galego

No pasado mes de xaneiro, o ata entón Rei Hussein de Xordania, sorprendeu ó mundo ó voltar ó seu país para modificar o seu testamento político. Este regreso apresurado do Rei, a tratamento en Estados Unidos dun cancro linfático, debeuse á apremiante necesidade de destituir ó seu irmán e ata entón herdeiro, o príncipe Hassan, para así evitar a crise interna que xa se estaba a fraguar na escea política xordana. A Hussein chegaranlle noticias sobre os plans do seu irman de introducir profundos cambios na cúpula militar, incluindo a destitución do xefe do Estado Maior das forzas armadas, Abdul Hafez-Kaabneh, un leal ó rei. Os plans de Hassan en ningun caso foron debatidos con Hussein.

Cando hai 47 anos o príncipe Hussein bin Talal subiu ó trono como sucesor do seu pai (quen abdicou por problemas mentais), o seu irman Hassan foi nomeado herdeiro da coroa. Mentres se mantivo nun discreto segundo plano non houbo problemas. Pero medre do seu protagonismo político nos últimos tempos provocaba friccións en certos estamentos do poder, especialmente no seo das forzas armadas. E en Xordania, as forzas armadas desempeñan un papel decisivo. Cómpre ter presente que este país goza dunha posición xeoestratéxica privilexiada. A súa pobreza económica (nin auga, nin petróleo e uns ingresos de fosfatos moi mermados) vese compensada polo seu carácter fronteirizo con Iraq, Siria, Arabia Saudí e Cisxordania. Precisamente por ser encrucillada en Oriente Medio, a súa estabilidade é esencial para garantir os equilibrios en toda a rexión.

¿Garante esa estabilidade a designación de Abdallah? Dende hai anos, o nome do seu fillo Alí foi o máis repetido como sucesor, pero dicíase que o seu favorito era Hamzé (froito do seu matrimonio con Noor e agora herdeiro do trono). A elección do primoxénito Abdallah foi unha sorpresa para todos. Sen embargo, a súa designación poidera resultar moi acertada por varias razóns. En primeiro lugar, pola súa posición no Exército.É xeneral e, segundo fontes ben informadas, goza de excelente reputación entre os militares. En segundo lugar, é unha figura respectada polos diferentes grupos e etnias que poboan o territorio xordano e que nun 60% son refuxiados palestinos. En terceiro lugar, goza de excelentes relacións coas dinastías do Golfo. Por último, educado en Occidente, tanto Estados Unidos como a Unión Europea amosaron o seu beneplácito con esta designación.

A pregunta resulta inevitable: ¿se tan clara era a elección por qué Hussein tardou tanto en decidirse por él? O cambio non foi suficientemente explicado, pero probablemente nel influiron dous factores. Un de naturaleza interna, asegurar a continuidade do reino hachemita. Outro, de naturaleza externa, conxurar a inquietude e malestar reinante en toda a zona debido á converxencia de numerosos procesos sucesorios (Arabia Saudí ou Kuwait) que de non ser resoltos nunha liña de continuidade poderian desembocar nunha nova guerra en Oriente Medio.

Quizais o derradeiro desexo de Hussein foi evitar a volta atrás no proceso de paz. O seu legado político é inseparable da búsqueda de fórmulas de convivencia entre árabes e israelíes. Ese legado, agora en máns de Abdallah II, casado con Rania Yassin, unha palestina, representa o maior reto histórico para Xordania e o seu novo rei.