A sahada (profesión de fe), un dos cinco pilares do Islam («Eu testemuño que non hai máis Deus que Deus e testemuño que Mahoma é o profeta de Deus») pódese ver escrita en pancartas ou bandeiras. Estas, a priori, non destacarían en exceso en actos nos que tamén se portasen carteis con lemas coma: «O califato é a solución» e nas que homes e mulleres, estas últimas ataviadas co hiyab [pano que cubre cabeza, pescozo e ombreiros] ou co niqab [veo que tapa toda a cabeza excepto os ollos] estivesen separadas dos homes.
O máis chamativo de todo é que a escea desenvolveuse o 27 de abril de 2024 na cidade alemá de Hamburgo. Esa xornada, unhas 1.100 persoas, das cales unhas cincuenta eran mulleres, marcharon pola cidade alemá denunciando tamén que no país estase a vivir unha «Werte diktaur» (Ditadura de Valores). O acto foi convocado por unha organización denominada Muslim Iteraktiv (MI).
Este grupo, fundado no ano 2020 ten a súa fronte a un individuo de 25 anos chamado Joe Adade Boateng, tamén coñecido coma Raheem Boateng. De nai alemá e pai de Ghana estudia en Hamburgo para ser mestre. Según el mesmo declarou coñeceu o Islam non fai moitos anos a través dun compañeiro de clase. Vestido habitualmente como unha estrela do deporte nunha entrevista declarou: «Temos moitas mezquitas. Só polo que observamos, cando somos atacados públicamente ¿Quén se ergue? Os musulmáns alemáns precisan unha institución para o ativismo político. A Umma [comunidade musulmana] respáldanos». Sobre as posibilidades de éxito de MI sinalou «O potencial de Alemaña é increíble. Simplemente nunca se aproveitou».
O círculo máis própximo a Joe Adade Boateng estaría composto por unhas vinte persoas, pero nas distintas redes sociais virtuais os seguidores contánselle por milleiros: máis de 24.000 en TikTok ; máis de 17.000 en YouTube; máis de 5.500 en Instagram ; máis 4.400 en Twitter e más de 1.000 en Facebook.
A través desas canles MI trata temas coma a situación dos musulmáns uigures en China, as queimas do Corán en Suecia, a posibilidade que Alemaña prohíba o hiyab nos espazos públicos e, máis recentemente, a campaña militar israelí na Franxa de Gaza.
Segundo a BfV (Bundesamt für Verfassungsschutz / Oficina Federal de Protección da Constitución) que realiza tarefas de intelixencia interior, o discurso de MI, e de outros grupos similares «desempeñan un papel importante para o proceso de recrutamento de organización islamistas e preparan o caldo de cultivo para a radicalización dos xóvenes musulmáns». A BfV considera que o grupo mantén «proximidade ideolóxica» co Hizb ut-Tahrir (HuT, Partido da Liberación).
De carácter panislámico,HuT foi fundado en Xerusalén en 1953 polo palestino Taqi ad-Din an-Nabhani, ex membro dos Irmáns Musulmáns nos seus inicios promoveu o derrocamento dos gobernos do mundo musulmán e o seu reemprazo por un Estado Islámico baixo a forma dun Califato rexido únicamente pola sharia. HuT rexeita o sistema democrático e de maneira xeral a violencia, se ben nalgunha da súa literatura aparece certa xustificación ideolóxica da mesma, contemplándose o seu emprego en conflitos en curso onde os musulmáns están oprimidos.
En 2003 o Ministerio do Interior alemán disolveu HuT e ordenou a confiscación dos seus béns así coma os dalgúns membros da súa organización. En 2006, o FSB, Servizo Federal de Seguridade da Federación Rusa, publicou unha lista de 17 organizacións terroristas na que se incluía a HuT. En xaneiro de 2024 súas atividades foron prohibidas no Reino Unido.
Voces en Alemaña piden a ilegalización de MI, se ben é unha tarefa complexa. Navid Wali, da ONG Violence Prevention Network, que loita contra o extremismo político, opina que xurídicamente o grupo está ben posicionado e, da mesma maneira que os grupos de extrema dereita, coñece as «liñas vermelhas» da lexislación polo que busca a maior proxección posible e que a súa hipotética ilegalización inflúa na narrativa de «vitimización». que promove MI.
Pola súa banda, Andreas Jacobs, xefe do departamento para a cohesión social da Fundación Konrad Adenauer considera que a súa proscripción sería beneficiosa «En primeiro lugar enviaría unha mesaxe importante e, en segundo lugar, dará as axencias de seguridade algo de tempo para examinar máis de perto a súas estruturas e considerar coma tratar con organizacións de reemprazo».
Andy Grote, senador de Interior e Deportes da cidade de Hamburgo afirmou: «Faremos pleno uso de tódolos medios legais, pero as opinión extremistas non son fundamentalmente ilegais. É doloroso pero esa é a esencia do Estado de dereito».
O grupo convocou unha nova marcha en Hamburgo o sábado 11 de maio que deu comenzó sobre as catro da tarde dese día. Os convocantes explicaron que as autoridades lles prohibiran a destrución de bandeiras de Israel, a negación do dereito de existir desde país, chamar a instauración dun califato en Alemaña ou a segregación por sexos. Tal vez por esto último ao evento asisitiron únicamente homes (1.500 según a policía, 6.000 según MI). Estes exhibiron bandeiras negras sen negún tipo de inscripción, e pancartas cos lemas: «Verboten» (Prohibido en alemán); «Banned» (Prohibido en inglés); «Zensiert» (Censurado en alemán) e «Censored» (Censurado en inglés).
A través das redes sociais virtuiais compartiron o cancelo #KalifatImNahenOsten (Califato para o Oriente Medio) sinalando que o Califato foi «Unha orde política que conduxo a estabilidade e coexistencia pacífica entre diferentes pobos do mundo islámico durante 1.300 anos» e que «¡Ningún dos “gobernantes musulmáns do mundo islámico ten dereito a existir!». Sutil maneira de non sobrepasar as «liñas vermelhas» da lexislación defendendo o Califato sin pedilo expresamente para Alemaña e presentando o principal postulado de HuT sen nomear o grupo.
Casos coma o de Muslim Iteraktiv voltan a por de manifesto a complexidade dun sistema que permite movementos que buscan precisamente a destrucción, no so do propio sistema, senón de todo aquilo no que se sustenta.
Karl Popper na súa obra «A sociedade aberta e os seus inimigos» suliñaba; «…a tolerancia ilimitada debe conducir a desaparición da tolerancia… Temos por tanto que reclamar, en nome da tolerancia, o dereito a non tolerar a intolerancia».