Nacións Unidas quere expandir as súas forzas de paz no Líbano (Unifil) de 2.000 efectivos a 15.000. Francia, esa disque "potencia" que non sinte aversión polo protagonismo e que levou adiante a tímida expresión da impotencia europea durante estes días de bombardeos do país fenicio, debía que tirar do carro co envío de 2.000 soldados, pero reduciu a súa oferta a 200.
Cando que facía falla mediar co envío de soldados que disuadan ás dúas partes involucradas de reiniciar o conflicto, deíxase caer o proceso na incerteza. E todo porque que as propias tropas, e os respectivos candidatos electorais, non corran riscos. Os mortos sempre teñen que pertencer a outra nacionalidade. É unha gran máxima da política.
Mentres tanto Israel impón a súa axenda co beneplácito dos EEUU, e as tropas da ONU non deberían ir mediar, senón desarmar á parte máis débil, os veciños de Hezbolà.
Os europeos non queren baixas pero tampouco queren enfrontarse con Israel. E por iso din que o mandato de nacións unidas non é o suficientemente claro e vinculante.
O eixo franco-alemán está capado. Os alemáns non participan porque non queren ter que pegar un tiro (como se a situación que se presenta fose a mesma do pasado) contra un israelí, a pesares de que iso poida impedir unha maior matanza.
Os italianos e os franceses afirman que algunhas das cláusulas (a pesares de que foron parcialmente escritas por Francia) non son o suficientemente explícitas.
España, Bélxica, Polonia, Grecia e Portugal teñen que estudiar plans operacionais e deseñar as liñas estratéxicas antes de meterse na "mêlée". E uns por outros, a casa sen varrer. Parece ser que a batuta lle corresponderá finalmente a Italia, que anunciou onte que cumprirá cos seus deberes. Iso si: Italia cumprirá coa súa misión no cadro dunha estratexia mundial, e de aquí se verá o rol que Italia pode asumir. Así que de estratexia europea, NADA.