Segunda transición para Chile

Apartados xeográficos América Latina ARCHIVO
Idiomas Galego

Hai agora unha semana que o Eduardo Frei sinaliou, en Baiona, as semellanzas dos respectivos modelos de transición e á inconveniencia abrir os bauis para airear os mortos agachados no armario, acumulados durante as respectivas dictaduras. O presidente chileno non tentaba xustificar a leximitidade dos cadáveres políticos dos antigos réximes, que agora gozan de boa saúde ao resucitar para exerceren en democracia. Tampouco pretendía facer análises comparativas sobre particularidades que Chile e España arrastran dende as imperfectos tránsitos á democracia.

As ben medidas e descorcentantes palabras de Fei só teñen unha doada xustificación en clave interna. Estamos ante un presidente debilitado polas pasadas eleccións de decembro do 97, nas que os partidos da coalicción gobernante sufriron un retroceso de 5 puntos para quedar só co apoio do 50,5% do eleitorado, mentres a coalición de partidos de dereita, mais ou menos “filopinochetistas”, agrupados en torno ás siglas Unión por Chile, subían tres puntos para situarse nun inquietante 36%. Neste proceso electoral uns 1.000. 000 de mozos e mozas abstíñanse desencantados da democracia “Ligh” e a política de consensos.

Diante as inminentes eleccións presidencias do 99, O partido de Eduardo Frei está atrapado e quere proxectarse coma defensor do centrismo, do consenso, do equilibrio e da cohesión da sociedade. Non quere reactivos externos aceleren a polarizacion da sociedade, anque saiba perfectamente que unha boa parte de sociedade chilena coida chegada a hora da segunda transición.

Os cogubernamentais socialistas e socialdemócratas apostan decididamente por liberarse das ataduras da democracia tutelada e manifestan estar decididos a acabar para sempre cos vestixios da dictadura, tomando iniciativas nas que poidan acentuar o seu perfín progresista, desdibuxado na pactista coalición de goberno. Pretenden tensar a corda pero, ao tempo, son responsables de que non rache.

No espectro máis esquerdista os extraparlamentarios comunistas están aumentando a súa presencia social e posuen o 6,85% dos votos. Só o deficit democrático de Chile lles impide entrar nas institucións parlamentarias.

Por outra banda, os herderios e guardiáns das esencias da dictadura saben que están ante un deses intres históricos nos que se xogan todo a unha carta. Tentar o retorno semella dificil nunha economía globalizada, pero historia ensina teimudamente que a aparente fortaleza do autoritarios non resiste a verdade. A transparencia da xustiza pode precipitalos na marxinalinalide e por iso promoven a axitación e a mobilización na defensa do octoxenario e debilitadado senador vitalicio, para evitar que se xulgue un perído negro no que moitos implicados aínda conservan altos postos na estructuras políticas, xudiciais e militares.

Este amplo sector da sociedade chilena está pasando á ofensiva con argumentos que nos transportan a nosa historia recente. Aseguran, nos xornais chilenos, ter documentos que proban a existencia dunha trama de esquerdosos chilenos, españois e británicos, que coordenadamente conspiraron contra o liberador do comunismo, aproveitando un momento de fráxil saúde, no que periga a súa vida. Son sabedores que se superan ese delicado momento e se Pinochet regresa a Chile, sen sofrir a embestida da xustiza, sairán reforzados e terán prolongado a súa seguridade e o protagonismo.

Coas doses apropiadas de habilidade e intelixencia como para non provocar a fragmentación social, a detención e xulgamento de Pinochet, a súa expulsión ou repatriación – por exclusivmente razóns humanitarias-, pode encetar un período no que Chile afronte a súa segunda transición para recuperar as liberdades atenazadas. A constitución vixente serveu para avanzar cara ao Estado de Dereito, pero compre consolidar a plena democracia.