Serbia réndese

Apartados xeográficos ARCHIVO Balcáns
Idiomas Galego

Nas conversas de Kumanovo non hai negociación, só hai instruccións dos vencedores sobre o xeito e tempo no que se debe facer a retirada. Os dirixentes serbios preparan a opinión pública cunha repetida mensaxe na televisión: O plan de Paz do grupo dos oito contén o respecto a integridade territorial de Iugoslavia e confirma os dereitos constitucionais e territoriais de Belgrado sobre a provincia de maioría albanesa. ¡Resistir tres meses foi necesario, para conservar o Kosovo!

A OTAN non cesa en insistir en que a reunión entre a súa delegación, liderada polo xeneral Mike Jakson e os militares serbios Kovacevic e Stepanovic, non se tratou dunha mesa negociadora, senón que só pretendeu clarificar os termos nos que se deberá leva a cabo a retirada das tropas do Kosovo.

As condicións que pretenden impoñer os vencedores son duras e mentres non se dean aceptado continuará implacablemente a chuvia de bombas e mísiles. A OTAN quere:

  • Unha rápida retirada, no prazo dunha semana. do persoal militar, a garda nacional, os servizos de espionaxe e das forzas paramilitares. So poderán quedar uns 500 ou 600 homes para control das fronteiras, para gardar dos monumentos históricos, para a localización da minas antipersonais e anticarro e para tarefas de coordenación coa Korf.
  • As forzas serbias só poderán circular por zonas concretas nas que se terá que reagrupar unha tropas en retirada, que deberán deixar o Kosovo no prazo dunha semana.
  • Antes de cesar os bombardeos os mandos serbios deberán dar información concreta sobre os lugares nos que se instalaron minas antipersonais e anticarro e sobre a localizaición dos bunkers defensivos.
  • Por último o desmantelamento de todas as baterías antiaéreas e radares defensivos deberase facer nun prazo record de 48 horas.

A delegación serbia, vencida e humillada, pretende arrincar pequenas concesión de enorme interese para o goberno Iugoslavo:

  • Mais tempo físico para posibilitar unha retirada racional das forzas militares.
  • Garantías de non seren atacados pola UCK nunha retirada masiva sen precaucións defensivas.
  • Garantía para a poboación serbia que quede no Kosovo.

A ledicia por rematar unha inxustificable guerra que, provocou 10.000 mortos serbios, un incuantificable número de vidas albano-kosovares, víctimas da limpeza étnica, , .000 de traballadores en paro serbios por mor da destrucción dos seus centros productivos, 900.000 refuxiados albano-kosovares, abre novas incógnitas e preocupacións.

Os kosovares de adscripción serbia, uns 200.000, poden estar en perigo, tal como sucedeu na Kaxina, na Eslavonia oriental ou no mesmo Saraievo.

A vontade e as decisións dos albano Kosovores non está presente fisicamente nas mesas de negociación, a OTAN eríxese en mediador interposto, sen consultar aos seus defendidos e aos seus intereses. O ELK acepta o protectorado transitorio, pero ¿Aceptará o ELK o seu desarmamento e a permanencia do Kosovo en serbia.

¿Cal vai a ser o papel a desempeñar por Ibrahin Rugova? O líder moderado perdeu parte no seu prestixio neste conflicto bélico en beneficio das posicións máis radicais do ELK, as súas visitas aos campos de refuxiados foron recibidas con tepedamente e non co entusiasmo co que se recibiu ao líder da guerrilla Hashin Taqui.

¿Como se concretará o termo ampla autonomía que figura abstractamente nos documentos de paz?

A chave vai estar, na capacidade de aceptación da vontade democrática dos albano-kosovares, mesmo da súa independencia. Ase mesmo compre establecer mecanismos de defensa dos dereitos culturais, relixiosos e cívicos da minoría serbia, así como dos seus símbolos e monumentos.