f william engdahl

Spielberg e Darfur


 Steven Spielberg; clic para aumentar
China quería unha cerimonia de apertura dos xogos olímpicos de película, pero Spielberg acaba de deixalos plantados. Non deixa de ser chamativa a preocupación da “comunidade internacional” (Bush, Brown, Sarkozy e ata o príncipe Carlos, incluídas algunhas estrelas de Hollywood) pola crise de Darfur e a inhibición, máis alá da retórica oportunista, polas matanzas que se suceden aínda a diario, por exemplo, en Iraq. (Foto: Steven Spielberg que anunciou, en abril de 2006 en Beijing, a súa participación nun equipo asesor para as cerimonias de apertura e peche dos Xogos Olínpicos, o 12 de febreiro de 2008 xustificou a renuncia ao seu cargo pola postura China no conflito de Darfur).
 

China quería unha cerimonia de apertura dos xogos olímpicos de película, pero Spielberg acaba de deixalos plantados. Non deixa de ser chamativa a preocupación da “comunidade internacional” (Bush, Brown, Sarkozy e ata o príncipe Carlos, incluídas algunhas estrelas de Hollywood) pola crise de Darfur e a inhibición, máis alá da retórica oportunista, polas matanzas que se suceden aínda a diario, por exemplo, en Iraq. Será que nun sitio o control do negocio do petróleo está nunhas mans e noutro non? O continente africano é parte inseparable da tensión xeopolítica que enfronta a Washington e Pequín para facerse co acceso ás fontes de petróleo a longo prazo. China recibe actualmente de África un 30% de todo o petróleo que importa e multiplica a súa influencia no continente con acordos de gran calado con países como Nixeria, Angola ou Sudáfrica, mostrándose xenerosa na concesión de préstamos a taxas de interese reducido e mesmo sen intereses ou con doazóns aos países máis pobres de África. Fronte ás terapias do FMI e do Banco Mundial ou a substitución de axuda ao desenvolvemento por axuda militar como ven facendo EEUU, China aposta máis a fondo por construír hospitais, estradas, escolas, por electrificar… Desinteresadamente? Seguro que non. China precisa reforzar os seus vínculos con África a todos os niveis para garantir o seu desenvolvemento. Desde 2006 é o segundo importador mundial de petróleo e Sudán é o seu cuarto provedor.

Por detrás das acusacións de xenocidio, en Darfur líbrase unha dura pugna polo control dos campos petrolíferos situados no sur do país, nunha guerra financiada clandestinamente por EEUU para separar o sur do norte islámico. Un oito por cento do petróleo chinés provén do sur de Sudán. En abril de 2005, o goberno sudanés anunciou que atopara petróleo no sur de Darfur, onde se estima que poderá producir .000 barrís diarios, outro tanto do que produce actualmente.

 William Engdahl; clic para aumentar
Como ben explica William Engdahl (na foto), EEUU ambiciona controlar o petróleo de toda África central, desde Sudán ao golfo de Guinea. E iso xustifica o recrudecemento de tantas e múltiples tensións en toda a rexión, explotadas en función de intereses económico-estratéxicos, disfrazados a cotío de cínico humanitarismo.
 

Os intereses de “estados” como Chevron e ExxonMobil tamén contan. Presentes no veciño Chad, país que apoia aos rebeldes de Darfur (un territorio de gran valor estratéxico para dar saída aos intereses das petroleiras estadounidenses) e protexidas pola presenza militar nos veciños Uganda e Etiopía, completan, tamén en África, o intento de cerco a China. Como ben explica William Engdahl, EEUU ambiciona controlar o petróleo de toda África central, desde Sudán ao golfo de Guinea. E iso xustifica o recrudecemento de tantas e múltiples tensións en toda a rexión, explotadas en función de intereses económico-estratéxicos, disfrazados a cotío de cínico humanitarismo.

China está a terzar de modo activo nestes procesos. Como mostra, a reanudación de vínculos diplomáticos con Chad, de onde xa importa petróleo. Se progresan ben as negociacións en curso, o seu efecto sobre Darfur podería ser máis beneficioso aínda ca propia presenza dos cascos azuis, instados, por certo, cunha intensa mediación chinesa que, pese a todo, van camiño de converterse nos únicos “malos” desta película.