Ucraína: eleccións e desacertos

A campaña electoral en Ucraína evoluciona a pleno ritmo e culminará o 31 de marzo coa elección do novo Parlamento. Os temas de debate neste contexto son, como era de esperar, a corrupción e o que por aquí chamamos o "recurso administrativo". Este último significa que os que están no poder serviranse das estructuras administrativas subordinadas para influir no electorado, como xa aconteceu en anteriores ocasións, por exemplo, cando o profesorado das Universidades conminou aos estudiantes a votar polo actual presidente Kuchma obtendo a cambio un incremento salarial.

O bloque pro-presidencial "Por unha Ucraína unida" encabezado polo xefe da Administración Presidencial, Lytvýn, inclúe nas súas listas ao primeiro ministro Kínaj, e asegura que obterá un 25% de votos. Sona a presunción excesiva, dado que segundo todas as enquisas coñecidas ata o momento soamente os comunistas e o bloque do antigo primeiro ministro Yúschenko "A Nosa Ucraína" chegarían a obter preto dun 20 por cento de simpatías electorais.

Oficialmente o país ten hoxe 38 265 300 electores, pero se en 1998 eran 37 540 092, como mínimo un destes datos é falso, xa que Ucraína perdeu algúns millóns de habitantes, a mortandade aumentou e a natalidade decreceu enormemente, e centos de milleiros de cidadáns emigraron. Asi as cousas, ou falsificaron os resultados das eleccións anteriores, ou se falsificarán estas.

¿O panorama de Ucraína? Un 80 por cento da poboación vive por debaixo do nivel de pobreza, o nivel de vida nos últimos dez anos baixou 10 veces. O país perdeu un 70 por cen do seu potencial industrial mentres que na Segunda Guerra Mundial a baixa foi "soamente" dun 40 por cento.

En canto á corrupción, aflorou o tema do negocio de armas (unha porción estratéxica da producción de armas da Unión Soviética se concentraba en Ucraína). Aparte das acusacións realizadas últimamente por EE.UU. con respecto á venda de armamento ucraíno a Macedonia que podería levar a Ucraína a formar parte do "eixe do mal", a atención da opinión pública centrase na investigación que se realiza en Torino, Italia, das operacións reais feitas con armas ucraínas. Había rumores que implicaban neste affaire ao actual secretario do Consello de Defensa e Seguridade Nacional (e anterior xefe do servicio de seguridade), Marchuk. Hai pouco a embaixada ucraína en Roma recibiu un escrito do procurador de Torino asegurando que non había probas da implicación de Marchuk neste asunto quen atribuiu as especulacións ao seu antecesor no servicio secreto, Derkach, porque no seu día Marchuk ordenara unha investigación das súas operacións ilícitas. Pero desta forma indirectamente se probaba a implicación ucraína no negocio de armas. O resto eran responsabilidades personais.

Neste contexto chama a atención o accidente de tráfico no que morreu o xefe da empresa "Ukrspetséksport" dedicada a operacións de exportación no sector da industria militar, Málev. Xustamente cando iba a visitar a tumba da súa filla que tamén falecera en accidente de tráfico en 1995, tropezou cunha cisterna a remolque dun camión – igual que no accidente en que morreu o xefe do Rukh, Chornovil – e os demáis saen ilesos. Como acostuma a dicirse nos círculos criminales de por aquí: morre quen ten que morrer. A prensa non presta cobertura a estes temas, volveuse pouco informativa e máis interesada en temas xerais. Os medios de comunicación parecen distribuidos entre os bloques electorais que mais puideron pagar.

Moitos analistas coinciden en que o espectro político está dominado actualmente polo bloque do poder, o bloque "Por unha Ucraína unida". O bloque "Unidade" do alcalde de Kíev, Omélchenko, o Partido Democrático do ex primeiro ministro Pustovóitenko coa Unión Democrática, así coma o Partido Verde e algúns outros soamente pretenden competir co bloque do poder e nun momento dado se unirán probablemente a él nun aglomerado máis amplo. A oposición radical do Partido Comunista e dos Socialistas Progresistas, sen contar cun plantexamento contructivo, simplemente dilapidan un tercio de votos e obstrúen a aparición dUnha forza de oposición real. Os que están en oposición ao presidente – o Bloque de Yúlia Tymoshenko, o Partido Socialista de Moroz, "A Nosa Ucraína" de Yúschenko – aceptaron as reglas de xogo do réxime e autolimitan así a súa capacidade de acción.

En canto ao electorado, como recolle o xornal Svoboda, na súa maioría desaproba a realidade política, pero a ninguén lle gusta que lle fagan saber os seus erros. Mellor esquecelos. E no caso dos ucraínos, cada elección un desacerto.