Ucraína: O poder de Donetsk

O 21 de novembro, o parlamento ucraíno elixiu ao gobernador da provincia de Donetsk, Víktor Yanukóvych, como novo primeiro ministro de Ucraína, a proposta do Presidente Kuchma. Por él votaron 234 dos 450 deputados e ningún en contra. ¿Razón? Toda a oposición "tanto de esquerda como de dereitas" boicoteou a sesión.

Yanukóvych, nacido en 1950, antes de incorporarse á vida política dirixía empresas de transporte na rexión natal de Donetsk, cun perfil económico dominado pola minería de carbón e a industria pesada. No cargo de gobernador provincial se caracterizou por ser un político decidido e autoritario. Durante o seu mandato conseguiu poñer fin á conflictividade existente entre grupos criminais que disputaban entre eles o dominio na rexión. Yanukóvych, que recoñece na súa autobiografía oficial contar con antecedentes penais en 1968 e 1970, é o home forte do clan industrial de Donetsk que ata agora contaba con pouca presencia na capital.

Segundo o diario alemán Sueddeutsche Zeitung, este clan é o que ten menos escrúpulos e o máis cruel na Ucraína: "Hoxe a provincia é un modelo exemplar de cómo dominan os oligarcas postsoviéticos: unha oposición local inexistente, as palancas de goberno, a xustiza, a policía, os órganos lexislativos rexionais e locais así como os medios de comunicación se atopan baixo o control de Yanukóvych e a súa xente".

A rexión de Donetsk foi a única no país durante as últimas eleccións parlamentarias donde o bloque do carismático ex-primeiro ministro Yúschenko no logrou sobrepasar o 4 % de votos e donde o bloque propresidencial obtivo a maioría (case un 40 %). Estas circunstancias poden explicar esta opción do presidente, quen procede da rexión de Dnipropetrovsk, que tradicionalmente ostenta posicións clave na vida política e económica do país (Brézhnev tamén era oriundo desta rexión).

En opinión do politólogo Polókhalo, o nomeamento de Yanukóvych, un "representante político exemplar do negocio semilegal, semicriminal", terá máis exito como "garante de protección dos intereses" dun rexime político "que se formou sobre a base dunha simbiose de clans oligárquicos e burocracia", cando o "nivel de representación inmediata do gran negocio no poder en Ucraína acadou aquel límite perigoso cando incluso o Presidente perde recursos e posibilidades para limitar os seus apetitos".

Aproximándose o remate da súa lexislatura, o Presidente se "está convertindo de patrón en títere en mans dos que non xogan segundo as reglas senón, como se di por aquí, segundo conceptos criminais".