Esta semana unha boa nova chegou a Vigo. Disipáronse os temores de que desapareceran as quendas nocturnas en Citroen debido a unha decisión do goberno de Angela Merkel en Alemania. 24.000 unidades de automóbiles deben ser producidas en Vigo para este país grazas ao incremento da demanda de pequenos turismos.
Cando a gran coalición entre a Unión Cristiano Democrata, CDU, e o Partido Socialdemócrata, SPD, decidiron premiar aos alemáns con 2.500€ por entregar o vello coche a cambio dun novo, probablemente non fosen conscientes da repercusión que iso ía ter noutras partes remotas do planeta. Ou tal vez si.
En calquera caso o goberno alemán aportou 1,5 billóns de euros con este motivo, como parte do paquete de 50 billóns anunciado en febreiro para saír da crise que nos molla a todos. E a popularidade do plan renove alemán, non deixou lugar a dúbidas. A comezos do mes de abril xa se dobraban as previsións. A demanda destas axudas xa era o dobre do previsto a comezos de mes. Todo un éxito tendo en conta que en setembro hai eleccións e nin a CDU de Merkel, nin o SPD do ministro de asuntos exteriores Frank-Walter Steinmeier, queren defraudar ao electorado. Unha vez detectada a demanda de medidas deste tipo, ambos partidos decidiron ampliar o montante financeiro adicado a este concepto en 3,5 billóns de euros, para poder chegar a 2 millóns de compradores de coches.
O incremento en vendas de coches medrou un 40% dende marzal de 2008, e afectou ao sector ou á gama de carrozarías máis modestas, con vellos coches de máis de unha década a recambiar ou a compradores de coche novo por vez primeira.
Pero cómo afecta isto á industria automobilística alemana tendo en conta que a demanda de coches reactiva a unha empresa francesa, Citroen, e á economía de Vigo? As críticas aos plan da gran coalición, non tardaron en chegar cando se deu o feito de que os construtores foráneos comezaron a ser os grandes beneficiados en comparación cos produtores locais. Estímase que os produtores domésticos só alcanzan o 36% das axudas aínda que a súa cuota de mercado é do 60%. Tampouco sería aceptable subsidiar só no caso de que se merquen coches alemáns. Polo tanto, a fin de contas mais ben parece un plan de estímulo europeo onde os beneficiarios son os pequenos coches de Fiat, Renault, Citroen ou Dacia, mentres Mercedes ou BMW case non se benefician. Tal vez estea cambiando a percepción da relación prezo calidade dos productos “made in Germany”, cousa que non parece. Non obstante se o diñeiro público se gasta en subvencións directas a estimular a renovación do parque automobilístico, tamén outras industrias teñen dereito a axudas que faciliten a compra dos seus produtos.
É importante tamén ver os efectos a longo prazo destas medidas. Seguindo exemplos pasados, Francia subvencionou desta maneira a compra de coches nos anos 90, e logo o efecto resaca fixo que se producira a caída da venta nun 20% ao ano seguinte, unha vez que desapareceu a subvención. Probablemente en Alemaña xa teñan pensado niso.
Os recortes fiscais en tempo de crise incrementan o aforro en bancos que ninguén parece saber da súa fortaleza. Non embargantes, si existe un compromiso do Estado para garantir depósitos de ata 100.000 € por persoa, os alemáns son os mellores aforradores… Dar incentivos para comprar é un bo instrumento para recuperar a confianza en tempo de crise, sumado a que se reactiva o mercado do crédito ao consumo (2.500 € non chegan para mercar un coche) e probablemente en moitos casos é mellor pagalo a prazos. Sen obviar as externalidades creadas; carrocerias modernas de menos consumo e menos dano medioambiental. En calquera caso, a industria automobilística pode considerarse un sector estratéxico ou emblemático en Alemaña. Mellor crear a sensación de que a vida continua e non agardar sen tomar medidas unha morte prematura.