En París, ata que os EUA pasaron a ocupar a primeira praza, entrando na recta final, o medalleiro non era noticia. Mentras os medios de Occidente exaltaban os méritos dos deportistas estadounidenses, o silencio acompañaba as xestas dos chineses. A excepción mentora era, claro está, a dopaxe. Ata Pau Gasol, membro da Comisión de Atletas do Comité Olímpico Internacional, tivo que sair a denuncialo: “É unha mágoa que os atletas chineses teñan que someterse a probas tan altas e admiro a súa cooperación coas probas”. Non contentos con iso e nunha mostra máis do estado do ambiente, un grupo bipartidista da Cámara de Representantes apoiados por varios senadores propuxo unha lei que autorizaba a Washington a deixar de financiar á Axencia Mundial de Control Antidopaxe, acusada de branquear a China, se resultaba que a súa independencia xa non estaba garantida. Mentres, un total de 653 deportistas estadounidenses (de 592) gozan de “exencións das probas antidopaxe”, baixo o pretexto de “asma” ou “problemas cardíacos conxénitos”, o que lles permite o privilexiado e moi dubidoso paso gratuíto do uso de fármacos de dilatación cardiovascular.
A sospeita sobre os atletas chineses é cualificada por Beijing como expresión de arrogancia, un mal dixerir desa historia que se escribe dende Asia, pasando a liderar moitos dos deportes que ata hai pouco tempo estaban dominados polas potencias occidentais. A mellora do nivel deportivo na China é expresión da mellora xeral do país e froito do esforzo de varias xeracións. E aquí dáse sempre o mesmo paradoxo. É igual que falemos de deporte, do espazo ou dos coches eléctricos: China avanza rápido porque fai trampa, non xoga limpo, rouba…. pasando por alto que a anormalidade histórica é o dominio occidental, establecido hai menos de 200 anos ao fincar de rodillas e polas armas a unha China que viñera sendo a potencia hexemónica durante moitos máis séculos.
A delegación chinesa en París está integrada por 405 deportistas, unha cifra lixeiramente inferior á da anterior edición (413), na que ocupou o segundo posto no medalleiro, por detrás dos Estados Unidos. O que separa os dous países é unha única medalla de ouro. Nos Xogos de Tokio 2020 os atletas chineses gañaron 38 ouros e un total de 89 medallas, fronte ás 113 gañadas polos estadounidenses.
Acadar o primeiro posto no medalleiro é unha cuestión de fundamental importancia para China. Non é casual que dende 1984 (ano no que China subiu por primeira vez ao chanzo máis alto do podio de tiro olímpico, despois de ser aceptada no Comité Olímpico Internacional en 1979), o 75% dos ouros chineses conquistáronse en apenas seis deportes: tenis de mesa, tiro, mergullo, bádminton, ximnasia artística e levantamento de pesas. Son disciplinas que moitas veces carecen de financiamento suficiente en Occidente e nas que os chineses viron que poden impoñerse. Tamén grazas á incorporación de moitas mulleres, que supoñen aproximadamente o 70% da delegación olímpica.
O principio que subxace a esta estratexia, adoptada nos anos 80, chámase “as cinco palabras”: pequena, rápida, muller, áxil e auga. Son termos que resumen os criterios segundo os cales o goberno seleccionou os deportes nos que China podería ter certa vantaxe competitiva sobre os Estados Unidos. E ese potencial tamén comezou a ser aproveitado a través dun apoio financeiro crecente.
En concreto, “pequeno” fai referencia a pequenas pelotas (ping pong e bádminton), pero tamén a categorías máis pequenas (como pesos de 56 kg e 62 kg en halterofilia masculina). “Muller” non necesita explicación, mentres que “áxil” e “rápido” refírese ao aspecto táctico de disciplinas como a ximnasia artística ou o trampolín, pero tamén o atletismo. Finalmente, “auga” non só se refire aos deportes acuáticos, senón que inclúe o Proxecto 119 que se lanzou despois de Sydney 2000 para mellorar o rendemento no atletismo, natación, vela e remo.
Especialmente significativo nesta edición foi o primeiro ouro olímpico de Taiwán en París, gañado en bádminton fronte aos seus opoñentes continentais e favoritos. Na illa, en momentos de particular tensión no Estreito, celebrouse por todo o alto, con moitas empresas ofrecendo promocións especiais en recoñecemento dunha vitoria máis que deportiva.