Acción exterior de Galicia : Apartado xeográfico

Artículos de opinión y análisis relacionados con la acción exterior de Galicia

igadi nos no mundo 2025 weintheworld pages to jpg 0001 1

Da Lei Paz Andrade ás relacións de Galicia e España coa lusofonía: o caso Macau

Artigo orixinalmente publicado no Informe anual da Acción Exterior de Galicia -Nós No Mundo 24-25

Da Lei Paz Andrade ás relacións de Galicia e España coa lusofonía: o caso Macau Leer más »

O Observatorio das Diásporas do IGADI está a crear pequenos formatos, como o -Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña, ou o Especial Ano Castelao, para conectar desde a diplomacia pública dixital, a Galicia territorial e a Galicia exterior.

(IV) Diáspora: Crear estrutura

O discurso a propósito da diáspora debe complementarse con iniciativas estruturais que operen como aglutinantes e dinamizadores do seu potencial. Dos intentos, poucos casos teñen sido minimamente exitosos. En parte, pola instrumentación, tamén polo desprezo de establecer amplos consensos nestes eidos e, finalmente, por falta de constancia e a busca de resultados rápidos.

(IV) Diáspora: Crear estrutura Leer más »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
factory 2639751 1280

Aluminio galego: Industria estratéxica e proxección exterior

O aluminio constitúe un dos sectores industriais máis estratéxicos da economía galega, pola súa base produtiva, e especialmente pola capacidade que ten para transformar materia prima en valor engadido, emprego cualificado e presenza exterior. Galicia conta cun ecosistema singular, onde a industria primaria convive cun tecido de empresas familiares altamente internacionalizadas, capaces de competir nos mercados máis esixentes e de situar o aluminio como un dos piares do seu modelo exportador. Nunha economía europea marcada pola transición enerxética, a reestruturación das cadeas de subministración e a competencia industrial global, o aluminio galego destaca como exemplo de industria real, caracterizada pola innovación, o vínculo co territorio e a orientación internacional.

Aluminio galego: Industria estratéxica e proxección exterior Leer más »

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Galicia e España ante o novo orzamento da UE: entre a centralización e o reto da competitividade

A proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual
(MFP) 2028–2034 marca un punto de inflexión na política orzamentaria da
Unión Europea. Presentada como unha “reestruturación radical”, a realidade é máis complexa: trátase de facer moito máis co mesmo orzamento, cunha arquitectura institucional que pode ter profundas implicacións para España e, en particular, para Galicia.

Galicia e España ante o novo orzamento da UE: entre a centralización e o reto da competitividade Leer más »

Liñas de investigación Paradiplomacia Unión Europea
Apartados xeográficos Europa Acción exterior de Galicia
unesco

Nós fóra da UNESCO

Días atrás, dixo o presidente Pedro Sánchez na Moncloa que promoverá a incorporación de Catalunya e Euzkadi á UNESCO. Outra gran cultura peninsular, a de Galicia, non. Quedamos fóra. Alguén pensará que é así porque na Xunta goberna o PP, ou porque carecemos do poder decisivo que teñen outros facéndoo valer en sede parlamentaria. Pero non só. As responsabilidades son máis amplas.

Nós fóra da UNESCO Leer más »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
pt Visita CCCM Galicia 1

Galicia no mundo do futuro: Ideas dunha semana co Centro Científico e Cultural de Macau

Entre o 27 e o 31 de outubro de 2025, o IGADI recibiu en Galicia unha delegación do Centro Científico e Cultural de Macau (CCCM). O CCCM é unha institución portuguesa nacida no ano 1999, que ten por misión producir, promover e divulgar coñecemento sobre Macau como plataforma entre Portugal e a República Popular da China, así como entre Europa e Asia. O CCCM naceu na secuencia da devolución de Macau á República Popular da China. O CCCM está baixo a tutela do Ministerio portugués da Ciencia, Tecnoloxía e Ensino Superior.

Galicia no mundo do futuro: Ideas dunha semana co Centro Científico e Cultural de Macau Leer más »

Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Ano Castelao: Buenos Aires, quilómetro cero

Exercicio de memoria colectiva e oportunidade de concretar a Galicia Ideal con máis dereitos e representación para os cidadáns de ultramar. Un mapa, un espello e un proxecto de nós. O Ano Castelao é, probablemente, un dos exercicios de memoria colectiva máis estimulantes que se nos teña presentado nos últimos tempos. É tamén un desafío

Ano Castelao: Buenos Aires, quilómetro cero Leer más »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
ecosistema global

(III) Diáspora: Un ecosistema internacional propio

En primeiro lugar, unha diáspora numerosa e cohesionada funciona como comunidade ponte. Conecta realidades sociais, culturais e económicas diferentes, facilitando a circulación de ideas, contactos e oportunidades. Alí onde un corpo diplomático formal chega con lentitude e protocolos, a diáspora pode actuar con naturalidade, rapidez e unha capacidade de inserción que ningún plan oficial pode replicar. É un capital relacional acumulado durante décadas que permite abrir portas, reducir desconfianzas e crear condicións de diálogo estable.

(III) Diáspora: Un ecosistema internacional propio Leer más »

Segue a IV edición da Coruña Global

Como foi a Gala da Coruña Global?

Podes ver na IGADI TV a Gala da Coruña Global celebrada o 18 de decembro na DOMUS. Subscríbete! Con Yolanda Castaño e Touriñán conducindo a volta ao mundo! Con Arturo Lezcano, Sofía Toro, Miguel Otero, Moisés Canle, Alfonso Gómez Crus… 

Como foi a Gala da Coruña Global? Leer más »

capital relacional

(II) Diáspora: Capital relacional

Entender a diáspora como capital relacional implica concibila non como unha colectividade dispersa no mundo, senón como unha infraestrutura de vínculos: unha rede de relacións sociais, profesionais, económicas, culturais e institucionais que, se é activada con intelixencia, funciona como un recurso estratéxico de primeira orde.

(II) Diáspora: Capital relacional Leer más »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia