Europa : Apartado xeográfico

Artículos de opinión y análisis relacionados con Europa

Bandeira de Ucraína

A gran quimera de 2026: Entre o simulacro das negociacións en Abu Dabi e o xenocidio invernal de Putin

O mundo asiste hoxe a unha das disonancias cognitivas máis perigosas desde o comezo do século. Neste febreiro de 2026, a fenda entre a narrativa diplomática de «paz inminente» e a realidade militar de «exterminio sistemático» é, posiblemente, a máis profunda desde o inicio da invasión a grande escala. Mentres nos salóns climatizados de Abu Dabi se producen reunións tripartitas con representación incongruente que exsudan un optimismo coreografiado, as cidades e poboacións de Ucraína, privadas de enerxía eléctrica debido aos ataques rusos, conxélanse baixo o peso dunha ofensiva rusa que busca, máis alá dunha vitoria territorial, a anulación existencial dun Estado soberano.

A gran quimera de 2026: Entre o simulacro das negociacións en Abu Dabi e o xenocidio invernal de Putin Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Europa
ucraina

Se non hai Premio Nobel para Trump, a paz en Ucraína pouco interesa

O 15 de xaneiro de 2026, o Xefe do Estado Maior de Rusia, Valeriy Guerásimov, informou ao presidente Putin de que, nas primeiras dúas semanas do ano, as forzas rusas tomaran o control de máis de 300 km² de territorio ucraíno. A publicación desta información tiña por obxectivo crear a impresión de que a chamada operación especial militar ía cobrando éxito e gañaba impulso; seguindo o ritmo do ano pasado, cando se ocuparon 4831 km², o parte do xefe militar a Putin significaría un avance de tan só 200 km². Para maior convicción de que se estaba logrando un éxito máis alá do obxectivo da operación especial por garantir a seguridade de Donbás, o xeneral destacou que os últimos avances se concentraban principalmente nas rexións de Sumy e Khárkiv e afirmou que se está a ampliar a «zona de seguridade» (ou buffer zone) mediante a captura de localidades como Hrabovske e Komarivka.

Se non hai Premio Nobel para Trump, a paz en Ucraína pouco interesa Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Europa
Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Galicia e España ante o novo orzamento da UE: entre a centralización e o reto da competitividade

A proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual
(MFP) 2028–2034 marca un punto de inflexión na política orzamentaria da
Unión Europea. Presentada como unha “reestruturación radical”, a realidade é máis complexa: trátase de facer moito máis co mesmo orzamento, cunha arquitectura institucional que pode ter profundas implicacións para España e, en particular, para Galicia.

Galicia e España ante o novo orzamento da UE: entre a centralización e o reto da competitividade Leer más »

Liñas de investigación Paradiplomacia Unión Europea
Apartados xeográficos Europa Acción exterior de Galicia
O Ministro de Exteriores de Polonia, Radosław Sikorski, no ano 2024. Fonte: Wikimedia, Konrad Laskowski / Ministry of Foreign Affairs Republic of Poland

Dissidências internas

Existem rivalidades infindáveis no seio da União Europeia. A Alemanha procura na Polónia Volodymyr Zhuravlov (também referido como Vladimir Z), o malandro que rebentou com o gasoduto Nord Stream II há já 2 anos. Motivo pelo qual agora compra gás natural liquefeito, quatro vezes mais caro, aos EUA.

Dissidências internas Leer más »

Apartados xeográficos Europa
atomium, brussels, benelux, architecture, travel, tourist, europa, outdoor, skies, steel, cloud, blue, belgian, belgium, bruxelles, building, city, cityscape, european, exhibition, europa, europa, europa, europa, europa

O “Plan Desarme Social” e os Fondos Europeos para Defensa

A antiga orde bipolar do mundo propia da Guerra Fría foi dando a paso a unha orde unipolar pilotada desde os EEUU. Sen embargo, o desenvolvomento económico das economías asiáticas e europeas froito da deslocalización das cadeas globais de valor foi dando paso progresivamente a unha nova recomposión do taboleiro mundial en forma de multilateralismo.

O “Plan Desarme Social” e os Fondos Europeos para Defensa Leer más »

Apartados xeográficos Europa
Bandeira de Ucraína

Operacións militares especiais de Trump e Putin

O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenskyi, valorou piositivamente o ataque dos EE. UU. a Venezuela e o arresto do xefe de Estado Nicolás Maduro tomándoo como un exemplo de como hai que tratar os «ditadores»: se se pode facer iso cos ditadores, Estados Unidos sabe entón que facer, dixo. Os presentes na rolda de prensa riron con aprobación, desexando crer que o tío americano daría unha lección ao descarado gobernante do Kremlin. Nunha situación desesperada, na que a propia supervivencia do país está en cuestión e que foi provocada pola sua xestión incompetente, Zelenskyi pode crer que o presidente estadounidense, ao secuestrar a Maduro, iniciou a loita contra as ditaduras no mundo e pronto chegará a Putin, pero a realidade é completamente diferente.

Operacións militares especiais de Trump e Putin Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Europa
ucraina

As pouco estrañas peculiaridades do «proceso de paz» de Trump con respecto a Ucraína

Un ano despois da súa arrogante declaración de rematar a guerra en Ucraína nun prazo de 24 horas, o presidente dos Estados Unidos pasa a falar da súa intención cautelosa de explorar a posibilidade de resolver a situación. Fixo esta declaración en relación coa visita a Moscova da «nosa xente», é dicir, do seu amigo íntimo Steve Witkoff, que ostentaba o rango de enviado especial do Presidente dos Estados Unidos, e do seu xenro Jared Kushner, que non tiña ningún status oficial. Ambos, procedentes do sector inmobiliario de Nova York, traballaron activamente na creación do «plan de paz Trump» para a Franxa de Gaza, empregando o seu enfoque de «negociadores». Semellaba que, no asunto da guerra de Rusia contra Ucraína, terían a capacidade de chegar a un acordo co presidente ruso Putin, quen aceptou recibir persoalmente a estes líderes no Kremlin.

As pouco estrañas peculiaridades do «proceso de paz» de Trump con respecto a Ucraína Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Europa
ucraina

Un escándalo de corrupción nas inmediacións do presidente ucraíno

Durante a presidencia de Zelenskyi, a expresión «non é o momento» converteuse nun tópico político moi espallado e utilizado por diversos representantes do poder e persoas próximas para indicar que non conviña debater ou investigar casos de corrupción, especialmente desde o inicio da invasión a grande escala de Rusia en 2022. Poderíase darlles bastante a razón, tendo en conta a necesidade de preservar a unidade da nación e centrar a atención e os esforzos de toda a sociedade en repeler a agresión militar, sempre que o Goberno realmente subordinase todas as súas actividades ao logro da vitoria máis rápida posible sobre o inimigo.

Un escándalo de corrupción nas inmediacións do presidente ucraíno Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Europa