Baladron Lamas Victor Manuel

Baladrón Lamas, Víctor Manuel

Portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario do Partido Popular no Parlamento de Galicia. Ten formación técnica superior en integración social, así como en actividades físicas e deportivas, o que lle permitiu desempeñarse en diversos ámbitos sociais e deportivos. A nivel político exerce como concelleiro de Deportes, Xuventude e Festas do Concello de Verín, amosando o seu compromiso coa comunidade local e o seu benestar. Ademais, estivo vinculado a Cruz Vermella, onde exerceu como vicepresidente na comarca de Monterrei entre 2006 e 2023. En recoñecemento á súa labor humanitaria e social, recibiu o Diploma de Honra da Cruz Vermella Española en 2014.


Artigos de Baladrón Lamas, Víctor Manuel

Nós no Mundo 2024

Novos retos para a diáspora galega

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
A historia da emigración galega é a historia dunha identidade forte e resistente, dunha cultura que foi quen de manterse viva e prosperar fóra das súas fronteiras. Grazas á perseveranza de milleiros de galegos e galegas a emigración galega desempeña un papel fundamental no ámbito internacional no século XXI, mantendo a súa relevancia tanto a través dos centros físicos como das asociacións e das redes sociais. Esta conexión coa diáspora segue a ser un piar importante para a promoción da galeguidade e a cultura galega no exterior. Contribúe a constituír unha ponte cultural, social e económica, entre Galicia e o mundo dos e galegas que, desde o exterior, seguiron a alimentar un profundo vínculo coa súa terra de orixe. Hoxe, no século XXI, este legado non só debe ser preservado, senón que ten que ser potenciado como un factor (clave) na nosa estratexia de proxección global.