Luis Antonio Gonzalez Francisco

GONZÁLEZ FRANCISCO, Luis Antonio

É especialista en seguridade e terrorismo global. Conta con ducias de publicacións en medios especializados. Entre a súa formación destacan, entre outros, Diploma de especialización Seguridad en el Mediterráneo, Próximo Oriente y Oriente Medio (Universidad Nacional de Educación a Distancia-UNED); Diploma de especialización Análisis del Terrorismo Yihadista, Insurgencias y Movimientos Radicales (Universidad Pablo de Olavide -Sevilla); Título propio en Fenomenología Terrorista: Bioterrorismo, Prevención Epidemiológica, Ciberterrorismo y Amenazas Químicas (Universidad de Granada); Curso de Especialización en Servicios de Inteligencia y Seguridad Internacional (Universidad de Alicante).


Artigos de GONZÁLEZ FRANCISCO, Luis Antonio

Materializado por vez primeira na Turquía un atentado de inspiración ideolóxica neonazi

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
13 de agosto de 2024. Varios cidadáns atopábanse nunha teteiría situada no Parque Mártir Rüstem Demirbaş nas inmediacións dunha mesquita no distrito Tepebaşı da cidade turca de Eskişehir (uns 225 quilómetros ao oeste da capital, Ankara)… De súpeto un individuo irrompeu na escea ferindo mediante o emprego dunha arma branca a cinco persoas, dúas delas …

GONZÁLEZ FRANCISCO, Luis Antonio Leer más »

Radicalización xihadista no cárcere: motín nunha prisión da Federación rusa

Apartados xeográficos Rusia
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Na colonia penitenciaria masculina de máxima seguridade IK-19 en Surovikino, rexión de Volgogrado (Federación Rusa), a uns 850 kilómetros ao sul de Moscú cumprían condena 1.241 reclusos. No transcurso dunha reunión rutinaria celebrada o 23 de agosto do 2024 catro presos, tomaron coma reféns a oito funcionarios do Servicio Penitenciario Federal (FSIN). Entre estes, atopábase o director do centro, Andrei Devyatov, e outros catro internos. Os secuestradores feriron con arma blanca a catro funcionarios matando a tres deles e ferindo de gravidade a outros tes membros do persoal da prisón que lles fixeron fronte, falecedendo un deles no hospital pouco despoís. Catro preso tamén sufriron feridas por parte dos atacantes.
Conmemoración polos falecidos no Festival Nova.

A “Directiva Aníbal” do exército israelí

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
O sábado sete de outubro do 2023 [22 Tishrei, 5784 e yawm as-sabt, 22, Rabi' al-Awwal, 1445 nos calendarios xudeos e islámico respectivamente] é unha data, outra máis, que quedará grabada a sangue, lume e chumbo nas páxinas máis tristeiras do Oriente Medio. Esa xornada, as Brigadas Ezzedin al Qassam, a milicia do Hamas, executou un ataque a gran escala contra diversos obxetivos que deuxou un ronsel de centenares de víctimas tanto militares coma civís.

Conflito palestino-israelí: Corolario de resolucións diplomáticas non executadas que explican en parte a situación actual

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
O 14 de maio de 1948 proclamouse a creación do Estado de Israel. Pouco despois, e xa antes, a rexión foi escenario dun violento enfrontamento, o cal, en diversas fases e intensidades mantense con toda a súa dureza ata os nosos días.Iso que se denomina “comunidade internacional” tratou durante décadas, principalmente a través da ONU de solucionar, ou ó menos de conter, as disputas entre Palestina e Israel. Este esforzo materializouse a través de numerosas resolucións, algunhas delas anteriores incluso a propia declaración de independencia de Israel.