daniel

González Palau, Daniel

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre outros moitos traballos arredor da paradiplomacia rexional e local galega. Desde o 2014 é o responsable da investigación «Unha historia para o S. XXI» arredor do desenvolvemento da Lei Paz Andrade en Galiza, dpalau@igadi.gal


Artigos de González Palau, Daniel

Entrevista a Ignacio Ramonet: “Non hai cambio no ciclo político latinoamericano. Unha excepción non fai un modelo”

Apartados xeográficos Otros
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Convidado polo Ateneo Republicano de Galicia, Ignacio Ramonet impartiu o 25 de maio pasado na Coruña a conferencia: 'A catástrofe perfecta: desorde mundial no século XXI' no Auditorio da Fundación Abanca, cun cheo ata o galiñeiro . Director de 'Le Monde Diplomatique' en París entre 1995 e 2008 (actualmente aínda o é da edición en …

González Palau, Daniel Leer más »

Globalización e Cultura da Autonomía: 40 anos de relacións Galicia-Cabo Verde.

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Este venres 24 de marzo o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto N. Feijoo, recibirá en Santiago de Compostela en visita institucional ao Presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca. Servirá a visita para escenificar en Galicia a sinatura do Memorando de Entendemento Galicia-Cabo Verde (a partir de agora MOU, polo acrónimo en …

González Palau, Daniel Leer más »