Lista Rede IGADI
Vinculacións Investigadorxs Asociadxs
~ Doutorando na Universidade Autónoma de Madrid, programa de Dereito, Goberno e Políticas Públicas. Graduado en Ciencias Políticas e da Administración Pública e máster en Marketing, Consultoría e Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela.
Destaca a súa experiencia profesional como investigador tanto na universidade como no mundo privado con especialidade no analise de datos a través dunha metodoloxía cuantitativa.
Artigos de López Díaz, Iván

Tres candidatos e un país en suspenso - 1ª volta nas eleccións presidenciais do Perú
Apartados xeográficos América Latina
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Imaxina un país no que, nos últimos dez anos, oito persoas diferentes ocuparon a presidencia. Non por mortes, nin por revolucións senón por vacancias, renuncias forzadas, autogolpes de Estado e crisis institucionais nun bucle que semella estar no día da marmota. Ese país non hai que imaxinalo porque é o Perú. E, a pregunta que estaba no aire o pasado domingo 12 de abril, non era tanto quen pasaría a 2ª volta, senón se o sistema democrático por fin sería capaz de producir un presidente que realmente puidera gobernar ante un abanico de máis de 35 candidatos.

Béisbol e identidade. Venezuela máis aló da política.
Apartados xeográficos América Latina
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Venezuela leva anos sen poder celebrar nada xunta. A crise económica, o exilio de millóns de persoas, a captura de Maduro en xaneiro, cada acontecemento dos últimos tempos abriu aínda mais unha fractura que parecía xa insalvable. O 17 de marzo de 2026 foi a excepción. Unha vitoria 3-2 ante os Estados Unidos na final do World Baseball Classic parou o país durante catro horas. Non é pouco, cando un país leva anos sen pararse por nada bo.

Costa Rica na encrucillada: O futuro do país tras as eleccións xerais de 2026
Apartados xeográficos América Latina
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
As eleccións xerais en Costa Rica marcaron o fin do excepcionalismo democrático do país. O triunfo de Laura Fernández consolidou un discurso de "man dura" fronte a unha crise de seguridade sen precedentes e unha profunda desigualdade territorial. Este proceso electoral revela unha nación fracturada que, entre a apatía e o medo, decidiu romper co seu pasado bipartidista para estreitar entre os brazos un modelo de confrontación institucional.

Arxentina 2025: Habitar a fenda
Apartados xeográficos América Latina
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
O arranque dun novo ano convida inevitablemente ao balance e á reflexión retrospectiva. É un exercicio fundamental para gañar perspectiva sobre o vivido, unha tarefa que se torna aínda máis necesaria e complexa cando o obxecto de análise é a realidade da Arxentina.

De quen é Boca?: o club como espello das tensións da Arxentina
Apartados xeográficos América Latina
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
En Arxentina, o fútbol non se entende só en termos deportivos. Boca Juniors é escenario de pactos, disputas e símbolos que desbordan a cancha. A obra de Santiago Allende mostra como detrás das vitorias e derrotas latexa unha loita máis ampla: a de definir que modelo de país se disputa tamén no fútbol.

(500) Days of Milei
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
O pasado 23 de abril, Javier Milei cumpriu cincocentos días como presidente da Arxentina, un período marcado por fortes axustes económicos, promesas de cambio e algunhas polémicas. Nas seguintes liñas analizamos como evolucionou a súa relación coa cidadanía durante este tempo.
