Eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) reeleita nas pasadas eleccións europeas de xunio de 2024. Coordinadora da Área de Relacións Internacionais do BNG dentro da Executiva Nacional do BNG. Forma parte das Comisións de Pesca, de Desenvolvemento Rexional e de Peticións e Desenvolvemento e Cooperación Humanitaria, das que é coordinadora de ambas. No Parlamento Europeo tamén é Vicepresidenta da asemblea paritaria da Eurocámara cos Parlamentos latinoamericanos. Especialista en Dereito Comunitario e Internacional, Comunitario e Internacional, seu percorrido político realizouse en distintas funcións en Bruxelas tanto no Parlamento Europeo como no partido político europeo do que forma parte o BNG, a Alianza Libre Europea-ALE. Como unha das voces internacionais do Bloque, mantén fondas relacións coa diáspora galega e cos partidos políticos e Gobernos de esquerda onde residen. Defensora dos Dereitos humanos, participou en varias misións humanitarias como a Flotilla Internacional na que foi secuestrada por Israel, tamén en observacións electorais en varios lugares do mundo e foros internacionais.
Artigos de Miranda, Ana

