xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Lois Tobío,1906-2003 Fonte: Galipedia

Lembrando a Lois Tobío

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Diplomático, investigador, xurista, profesor, xornalista, tradutor, etc., Lois Tobío foi un intelectual humanista firmemente comprometido con Galicia. Co-fundador do Seminario de Estudos Galegos, redactor do anteproxecto de Estatuto ou auténtico mentor do Consello de Galiza no exilio, custa entender que a pesar de tanta e tan valiosa achega siga sendo un gran descoñecido para moitos na propia Terra.
Fonte Imaxe: Wikipedia

Parlamentarismo chinés

Apartados xeográficos China y el mundo chino
Liñas de investigación Observatorio de la Política China
China celebra esta semana as súas macrosesións parlamentarias que axudan a perfilar o momento político que vive o país e a calibrar o seu rumbo. Este ano ten como aliciente o feito de se producir tralo XX Congreso do Partido Comunista (PCCh) que nos días previos celebrou unha sesión plenaria para tratar da axenda inmediata […]
Kevin McCarthy (medio) no Congreso en Washington, EUA o 6 de xaneiro (Foto: Xinhua Liu Jie)

O encrucillado taiwanés

Apartados xeográficos Asia China y el mundo chino
Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Un dos temas clave na axenda dese cumio aprazado China-EUA debera ser o de Taiwán, a “liña vermella número un”, segundo a cualifican as autoridades chinesas. A falta dun compromiso na xestión deste contencioso pode condicionar integralmente as relacións bilaterais, que xustamente acadaron un dos seus niveis máis baixos dos últimos tempos trala visita da […]