xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Unha lingua non só nosa

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
É moita a enerxía que se nos vai na polémica lingüística. Difícil estimar canto influi isto na perda de atractivo cívico. Compréndese o escepticismo sobre calquer anuncio de pacto político nun momento de tan acusado deterioro. Non só no uso da lingua propia...

Os BRICS de Kazán

Do 22 ao 24 de outubro celebrouse en Kazán o XVI Cumio BRICS. Reuniu aos cinco membros fundadores da organización (Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica), aos cinco novos membros que se uniron a eles desde o 1 de xaneiro de 2024 (Irán, Exipto, Arabia Saudita, Etiopía, Emiratos Árabes Unidos) e outros vinte e cinco países así como varios representantes de organismos internacionais, coa participación destacada do secretario xeral das Nacións Unidas, Antonio Guterres.

Da orde baseada en regras á orde baseada no terror

A "orde internacional baseada nas (miñas) regras" é unha narración que nos últimos tempos os EUA., a UE e toda a chamada orde liberal utilizaron para rexeitar calquera alteración substancial que puidese proporcionar un amparo lóxico e obrigatorio aos cambios experimentados en a situación internacional das últimas décadas, especialmente despois do fin do mundo bipolar. Na práctica, esta orde responde á vontade de preservar unha hexemonía excluinte.
Podes ver o Maratón de Galeguidades (Deputación da Coruña) na web do proxecto, galeguidades.hub.gal

Galicia, unha imaxe no mundo

¿Unha imaxe vale máis ca mil palabras? Pois, depende, claro está. O maior inimigo da imaxe dun país no mundo son os tópicos. E resulta ben difícil librarse deles. Plácido Castro, por exemplo, non se explicaba o por que da consideración como “flegmáticos” dos ingleses. Nada a ver coa realidade, dicía co seu coñecemento de causa ben armado.

Os dilemas das eleccións estadounidenses

Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Vibrante democracia ou circo electoral? e canto de cada cousa? A única certeza que temos a día de hoxe é a retirada efectiva de Joe Biden e o incremento das expectativas de Donald Trump tralo intento de asasinato, que xa antes non eran baixas. No debate da sucesión demócrata, poucas ideas sobre a mesa e moita folla de cálculo para reflectir os apoios monetarios. Kamala Harris pode presumir dunha cifra récord de 81 millóns de dólares en doazóns para a súa campaña nas 24 horas posteriores á renuncia de Biden. Só esta dinámica explica que outros nomes cun perfil diferente nin sequera sexan considerados. A vicepresidenta Kamala Harris, antes descualificada por desempeñar un mandato eminentemente gris, é elevada agora aos altares polo coro mediático global como a última esperanza da democracia estadounidense.

Xeopolítica olímpica

Nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos (XXOO), a pugna sino-estadounidense tomou o relevo da soviético-estadounidense de tempos atrás. Darase o sorpasso en París? Non é doado pero tampouco imposible. Un matiz significativo diferenza os tempos da guerra fría: unha moi grande parte de todo o equipamento utilizado no evento é de fabricación chinesa, como os máis de 1000 drons que apareceron no espectáculo de fogos artificiais na cirimonia de inauguración. Isto da idea do moito que representa China como potencia manufatureira nas nosas vidas.