Quad : Palabra chave

As tres claves da xira de Joe Biden por Asia

Tres asuntos teñen primado na primeira xira do presidente dos EUA, Joe Biden, pola rexión asiática. Mais aló da cuestión de Corea do Norte, o asunto de maior alcance foi Taiwán. O “si” como resposta á pregunta sobre o compromiso de defender militarmente a Taiwán en caso dunha invasión chinesa, marcou un novo punto de inflexión no posicionamento da Casa Branca, xerando dúbidas razoables sobre a pervivencia da “ambigüidade estratéxica” que tradicionalmente caracterizou a actitude estadounidense neste delicado aspecto. Tanto é así que unha vez mais, funcionarios da Casa Branca matizaron despois esas palabras para asegurar que aquela política “non mudara”.

As tres claves da xira de Joe Biden por Asia Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos China y el mundo chino

QUAD

A OTAN asiática está en marcha, e chámase QUAD. Resume a importancia que os EUA outorgan a esta alianza o feito de que o Secretario de Estado Mike Pompeo, pese á pandemia e pese mesmo ao positivo de Donald Trump, viaxou igualmente a Tokio para se reunir cos seus pares de Xapón, India e Australia.

QUAD Leer más »

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Asia