A reunión en Budapest que non se celebrou resultou máis importante que a reunión celebrada en Washington
“Que foi iso?” preguntáronse moitos observadores por mor do cumio Zelenskyi—Trump na Casa Branca do pasado venres. Supoñíase que ía concretarse a subministración dos mísiles Tomahawk, que Trump mencionara como unha posibilidade. O líder ucraíno tiña a esperanza de aproveitar a “dinámica” da declaración de Trump sobre o cesamento do fogo en Gaza para que cesasen as hostilidades no seu país, abríndose unha vía diplomática para resolver a contenda.



