logouvigo

Convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Igadi para o recoñecemento de créditos de libre configuración (2002)

Texto do convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Igadi asinado en Vigo o 19 de abril de 2002.

Convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o IGADI para o recoñecemento de créditos de libre configuración

Vigo, 19 de abril de 2002.Dunha parte, o rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo Amoedo, nomeado segundo o Decreto núm. 169/1998, do 5 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 113 do 15 de xuño de 1998. Doutra Xulio Ríos Paredes, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para levar adiante o presente Convenio de Colaboración e
MANIFESTAN
PRIMEIRO:A Universidade de Vigo leva organizado anualmente, dentro da súa política de extensión cultural, diversas actividades a nivel xeral, que complementan e enriquecen a súa oferta académica.SEGUNDO:Ámbalas dúas institucións son conscientes da importancia e necesidade das actividades científico-culturais no marco da formación universitaria.TERCEIRO:En consecuencia e por todo isto, acordan asina-lo presente Convenio de Colaboración para o recoñecemento de créditos de libre configuración, segundo as disposicións que a Universidade de Vigo teña establecidas e de acordo coas seguintes
CLÁUSULAS
PRIMEIRA:O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (en adiante IGADI), comprométese a comunicar ó Vicerrectorado de Organización Académica a relación de cursos, contidos e créditos. Os cursos serán validados por créditos consonte o establecido na Normativa de Libre Elección, da Universidade de Vigo, aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión de 10 de febreiro de 2000 e modificada o día 2 de outubro de 2001.SEGUNDA:A Universidade de Vigo comprométese a outorga-los créditos de libre configuración que lle correspondan sempre que cumpran as normas que a Universidade ten establecidas na materia. Recoñecerase un crédito por cada trinta horas de prácticas realizadas no IGADI, con sometemento ó núm. máximo de créditos de libre elección contemplado no Plan de Estudios.Para estes efectos, a Universidade de Vigo, á vista da proposta realizada polo IGADI, dictará a resolución correspondente indicando as condicións de recoñecemento.TERCEIRA:En toda a publicidade e difusión dos cursos farase constar o seu recoñecemento como créditos de libre elección xunto co número de créditos recoñecidos.CUARTA:Noméase unha Comisión mixta de seguimento e control, constituída por un membro de cada unha das partes, co fin de instrumentaliza-lo traballo obxecto do presente Convenio de Colaboración.QUINTA:Este convenio entrará en vigor a partir da data da súa sinatura, tendo vixencia ata o 24 de setembro de 2002, renovándose automáticamente por curso académico se ningunha das partes o denuncia expresamente con alomenos dous meses de antelación á finalización do anterior convenio.SEXTA:O presente Convenio de colaboración ten natureza administrativa. As dúbidas e controversias que se presenten na súa interpretación e execución, en caso de discrepancia, serán resoltas por unha Comisión Mixta integrada por membros das dúas institucións firmantes deste Convenio.E, en proba de conformidade cos termos do Convenio, as partes comparecentes o asinan por duplicado no lugar e data expresados ó comezo.  
Pola Universidade de Vigo,  Domingo Docampo Amoedo. Polo IGADI, Xulio Ríos Paredes.