Unión Europea : Liña de investigación

miguelroan

Roán

Miguel Roán (Vigo, 1981) é un analista político independente, consultor e investigador especializado nos Balcáns. Foi editor de Balkania (2010-2017), publicación que reúne a expertos de diversas procedencias especializados en asuntos balcánicos. É autor de catro libros: Serbian Anatomy (2012), Homophobia in the Balkans (2015), Balkan Marathon (2018) e Balkanisms (2020). Publicou artigos en diferentes […]

Roán Leer más »


Artigos de Roán, Miguel

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Os Balcáns: Buscando anclaxe internacional

Apartados xeográficos Balcáns
A invasión de Ucraína por parte de Rusia no 2022 activou a ampliación da UE cara ao sueste europeo. O compromiso de Bruxelas cos denominados Western Balkan 6 (ou WB6; Serbia, Bosnia e Hercegovina, Macedonia do Norte, Montenegro, Kosovo e Albania) volvía con inusitada e inesperada forza á axenda da Comisión Europea, do Alto Representante e dos Estados membros.

Novo

PreDoc Researcher and Research Support Specialist on Sociology (UDC). Member of its GET Research Group (Territorial Studies). DEA Phd and Degree in Political Sciences from Santiago de Compostela University (USC). Master on European Union and Management of European Funds at UDC and Postgraduate on financial multilateral orgs at ABANCA Business School (IESIDE now). Proud Founder

Novo Leer más »

Cordal Rodríguez

Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Máster en Administración Pública Europea pola Universidade de Lovaina (Flandes, Bélxica). Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor da Área de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Vigo. As miñas principais liñas de investigación son a Unión

Cordal Rodríguez Leer más »

serafinpazos

Pazos Vidal

É coordinador da Liña de investigación na Unión Europea do IGADI. É Doutor en Unión Europea e foi Xefe da Oficina de Bruxelas e responsable da Política Europea da Convención de Autoridades Locais Escocesas. Actualmente é coordinador de proxectos da AEIDL, European association for innovation in local development.

Pazos Vidal Leer más »


Artigos de Pazos Vidal, Serafín

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Galicia e España ante a Axenda Von der Leyen II: competitividade, transición verde e involución autonómica

Apartados xeográficos Europa
A segunda Comisión von der Leyen, un ano despois de iniciar o seu mandato, consolidou un método político baseado na aceleración lexislativa, na coordinación interservizos e no uso intensivo de paquetes omnibus para reaxustar políticas recentes. Una receita debedora do corporativismo alemán (Mesa para o Agro, para a Automoción) ante a crise de identidade do modelo socioeconómico europeo, sobre todo renano-carolinxio, substituíndo a granularidade regulatoria por procesos integrados orientados a resultados. Estes paquetes, que en 2025 integraron dez reformas simultáneas e que continuarán en 2026, están a transformar sectores como a automoción, a industria química, o agroalimentario, as políticas ambientais e a gobernanza dixital. A prioridade esencial da Comisión: reforzar a competitividade europea nun contexto de transición verde, tensión xeopolítica e crecente presión sobre cadeas industriais, en liña co informe Draghi.
Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Galicia e España ante o novo orzamento da UE: entre a centralización e o reto da competitividade

Apartados xeográficos Europa Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Unión Europea
A proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028–2034 marca un punto de inflexión na política orzamentaria da Unión Europea. Presentada como unha “reestruturación radical”, a realidade é máis complexa: trátase de facer moito máis co mesmo orzamento, cunha arquitectura institucional que pode ter profundas implicacións para España e, en particular, para Galicia.
Fonte: Comisión Europea

Galicia na encrucillada dos fondos europeos (de novo)

Apartados xeográficos Europa Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Unión Europea
Este 6 de maio rematou a consulta pública sobre o futuro orzamento europeo post-2027, que se presentará neste mes de xullo. Logo comezará alomenos ano e medio de negociacións, posicionamentos e forcexeos co inevitable compromisos ben pasados tódolos prazos, para logo seren aprobados os plans de gasto nacionais e no seu caso rexionais. Finalmente gastaranse os fondos como mínimo cun ano de retraso.
IGADI Annual Report 2024-2025: Multipolaridade, Policrise e movementos na gobernanza global

A UE e as respostas vellas ante un mundo novo

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Unión Europea
A comezos de xaneiro case un cento de expertos da burbulla bruxelense reuníronse no Parlamento onde o seu servizo de estudos presentou a análise dos dez desafíos da UE para 2025. Listámolos aquí pois son unha mostra de como ve o mundo o ecosistema que, desde pouco máis dun quilómetro cadrado, goberna boa parte do continente: “1. Equilibrar a escala coa innovación para a produtividade, 2. Establecemento do obxectivo climático para 2040, 4. Dar os próximos pasos cara á seguridade económica europea, 5. Dar forma ás finanzas futuras da UE, 5. Fortalecemento da capacidade para investir no futuro, 6. Agardando para subir unha marcha: coches eléctricos europeos, 7. Axudar á UE a competir en intelixencia artificial, 8. Fortalecemento da industria de defensa europea, 9. Axilizar o retorno dos emigrantes irregulares e 10. Restaurar a confianza no ámbito público.”
Fonte Wikipedia: Mapa do Consello de Europa 2003

Europa de Fisterra a Vladivostok

Baixando as escaleiras do Pazo de Europa en Estrasburgo, sede histórica do Parlamento Europeo e aínda do Consello de Europa, hai un mapa enorme do continente incluído toda Rusia. Malia ter un burato bielorruso no medio – non era membro por mor do non respecto aos dereitos humanos- este mapa amósanos que non hai moito outra visión de Europa era posible.
Nós no Mundo 2024

O asociacionismo galego en Bruxelas: banco de probas do futuro da galeguidade

O 24 de Xullo de 2024 celebrouse o Maratón de Galeguidades. Organizado polo IGADI, foi un percorrido mundial da diáspora galega: entrevistas e tertulias online saltando de país e continente e retransmitidas en directo pola IGADITV- A lista de reproducción completa con vídeos por país, así coma un resumo dispoñibles en Youtube constitúe un valiosísimo documento para entender a diversidade e diferentes xeitos de entender a diáspora e a propia galeguidade. Bruxelas non podía faltar, por capital de Europa onde miles de galegos viñeron traballar nas e arredor das institución europeas e por capital de Bélxica, onde durante corenta anos existiu unha ampla comunidade galega que chegou a ter dous centros galegos un en Saint Gilles/Anderlecht (o barrio galego) e outra no centro.
christoph presidente

Schreinmoser

Xurista bávaro nado en 1996. Director do IGADI e profesor axudante doutor de Dereito internacional público e Relacións internacionais na Universidade da Coruña. Doutor en Dereito pola mesma universidade, completou a súa formación nas universidades de Múnic, Verona, Passau e Santiago de Compostela. O seu traballo aborda o Dereito internacional contemporáneo desde unha perspectiva crítica,

Schreinmoser Leer más »


Artigos de Schreinmoser, Christoph

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Multipolaridade: un mundo en conflito

Apartados xeográficos Otros
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Quen le, nestes meses, artigos sobre a actualidade internacional non pode evitar atoparse cun termo: a multipolaridade. Con este concepto, explicativo pero tamén cualificativo, descríbese o estado actual do noso planeta, que semella anunciar un mundo novo e, ao tempo, recuperar dinámicas ben coñecidas. Pero que significa realmente que esteamos perante unha sociedade internacional multipolar?
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Galicia perante un mundo inestábel

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O mundo do ano 2026 é un mundo complexo. A fragmentación xeopolítica, o cuestionamento das institucións multilaterais e un transaccionalismo crecente nas relacións entre Estados configuran un escenario inestábel e volátil. Se ben non é unha tendencia nova, a segunda presidencia de Donald Trump non fixo senón acelerar o desmantelamento do mundo de posguerra.

Galiza no mundo: 35 anos de análise crítica dende o IGADI

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O mundo, e as relacións internacionais, experimentaron transformacións profundas dende 1991. A chamada orde liberal internacional, baseada no respecto ao dereito, no multilateralismo e no (neo)liberalismo económico, baixo a hexemonía dos Estados Unidos de América, atópase en crise. O escenario internacional multipolar de 2026 é máis complexo, fragmentado e marcado pola intensificación das tensións xeopolíticas entre grandes e potencias rexionais, combinado cun crecente desprezo polo dereito internacional.
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Activar a acción exterior galega: a necesidade de artellar unha política pública de país

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Un contexto internacional crecentemente complexo A actual transición xeopolítica global está marcada por unha crecente fragmentación da orde internacional, a crise do multilateralismo liberal, a competencia estratéxica entre grandes potencias e a emerxencia de novos actores subestatais e transnacionais con capacidade crecente de proxección exterior. A guerra en Ucraína, a rivalidade sistémica entre Estados Unidos
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Nun contexto internacional marcado pola fragmentación xeopolítica, a crise do multilateralismo clásico e o aumento das tensións entre grandes potencias, as dinámicas da acción internacional están a experimentar profundas transformacións. A redefinición da orde internacional liberal, a crecente competencia estratéxica entre Estados Unidos e China ou a emerxencia de novos espazos de rivalidade económica, tecnolóxica e política están configurando un escenario crecentemente complexo e inestable. Neste marco, rexións, cidades, universidades, redes transnacionais ou comunidades culturais e lingüísticas poden desempeñar un papel crecente como actores complementarios das políticas exteriores tradicionais dos Estados.
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Gaza, xenocidio e “proceso de paz”: balance de 2025 e perspectivas para o 2026

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
O ano 2025 marcou un punto de inflexión no conflito en Gaza. Case dous anos despois do inicio da ofensiva militar israelí tras os ataques de Hamás do 7 de outubro de 2023, e o xenocidio contra o pobo palestino cada vez máis aberto, o 9 de outubro de 2025 Israel e Hamás anunciaron un acordo de alto o fogo que abriu a porta a un novo proceso político impulsado polos Estados Unidos. Este acordo constitúe a primeira fase do chamado Plan Integral do Presidente Donald J. Trump para pór Fin ao Conflito de Gaza, presentado oficialmente como unha folla de ruta cara a unha “paz sólida, duradeira e eterna”.
15 de xaneiro de 2026, o presidente Donald Trump recibe como agasallo a medalla do Premio Nobel da Paz concedida a María Corina Machado no Despacho Oval da Casa Branca. Fonte: White House

Que paz premia o Nobel?

Apartados xeográficos Cooperación al desarrollo
O 9 de xaneiro de 2026, o Instituto Nobel viuse obrigado a emitir unha aclaración pouco habitual: unha vez concedido, o Premio Nobel da Paz non pode ser revogado, compartido nin transferido. O comunicado chegou despois de que a galardoada política venezolana María Corina Machado suxerise publicamente que podería ofrecer o seu premio a Donald Trump trala intervención militar ilegal dos Estados Unidos en Venezuela o 3 de xaneiro de 2026. O episodio condensou a controversia que rodea o Nobel da Paz de 2025 desde o seu anuncio e puxo de manifesto, con especial nitidez, a tensión entre a autoridade simbólica do galardón e os usos políticos aos que se ve sometido.

Paz desigual: o plan de Trump perpetúa o colonialismo sobre Palestina

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
O pasado xoves, 9 de outubro de 2025, case dous anos despois do inicio da incursión militar de Israel en Gaza, Israel e Hamás anunciaron un acordo de alto o fogo. Agardamos que este pacto poña fin ao xenocidio en curso e alivie, cando menos, o desastre humanitario na Faixa. É, sen dúbida, un paso necesario, mais só pode ser iso: o primeiro dun camiño que debería conducir a unha paz duradeira e xusta. Con todo, semella —ao noso ver— pouco probábel que o plan proposto polo presidente estadounidense Donald Trump, do que este alto o fogo sería apenas a primeira fase, poida conseguilo. Máis que un camiño cara á paz, o plan preséntase como unha nova capa na longa historia de sometemento colonial de Palestina. Vexamos por que.
Carre Bleu

Espiñeira

Tamara Espiñeira-Guirao é investigadora asociada do IGADI. Despois de graduar en CC. Políticas e da Administración (Universidade de Santiago de Compostela), obtivo o DES en Estudos Europeos (Institut d’études européennes, Bruxelas). Posteriormente, no seu doutoramento en Xeografía (Universidade Rennes 2), identificou as condicións clave para alinear mellor a axenda local coas políticas e programas da

Espiñeira Leer más »

Barro, Teresa

Barro Muñoz-Ortiz

Nada na Coruña o 8 de marzo de 1936, é unha tradutora e escritora galega afincada no Reino Unido. Membro fundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, ten colaborado con distintas publicacións galegas, como Grial, A Nosa Terra ou Nós Diario, así como nos programas de radio da BBC. En 1980 obtivo o certificado

Barro Muñoz-Ortiz Leer más »


Artigos de Barro Muñoz-Ortiz, María Teresa

Retrato do Primeiro Ministro Rishi Sunak Wikimedia, Prime Minister

Que pasará nas eleicións do Reino Unido?

Apartados xeográficos Europa
Ninguén esperaba que estas eleicións se convocaran agora, no vran, dado que o goberno Conservador non ten nada que festexar e que o Primeiro Ministro, Rishi Sunak, é do mais impopular. Din que o Sunak as convocou sen consultar con ninguén. Sería por medo a que o seu partido, de puro desespero, escollera a outro para remprazalo?
Fonte: Mark Jones (2017) Creative Commons Attribution 2.0

Harry e Meghan

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Harry e Meghan encaixan perfeitamente nesa ¨cultura da ofensa¨ que tanto prosperou nos últimos tempos e que da direito a ¨cancelar¨ ou suprimir todo o que os novos puritanos non queren que exista. Encaixan tamén na moda de non dar importancia á verdade e sustituila pola ¨verdade¨ que cada un sinte e conta á sua maneira.
Fonte; Creative Commons

A Raíña Isabel

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
A morte da raíña Isabel veu ao final dun vrao de cambios vertixinosos na vida e na política do Reino Unido, cando non se sabía o que acontecería dun día para outro e todo eran surpresas. Foi como unha película chea de acción e emoción que empezou cando botaron fora ao Primeiro Ministro por trapaceiro e houbo que escoller o remplazo. Pero, no medio da turbulencia e o futuro incerto, a figura da raíña permanecía fora da política, emanando orde e estabilidade. Os británicos sentíanse protexidos por aquela muller cumplidora do deber e fiel ao seu país nos moitos anos nos que vira desde a Segunda Guerra Mundial até e perda do imperio e a criación do Commonwealth.

Haberá desunión do Reino Unido?

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
O 6 de maio do 2021 houbo eleicións no Reino Unido, municipais e dos Parlamentos de Escócia e Gales, e os resultados, máis surprendentes do que se esperaban, poden dar algunha idea de como anda o da posíbel desunión do Reino Unido.

Os beneficiarios do neoliberalismo

Apartados xeográficos Otros ARCHIVO
A reforma económica formulaba unha procura da eficiencia. En realidade, ollamos como prexudica os consumidores e beneficia a oligarquías cada vez máis íntimas. A "reforma económica" que tornou obrigatoria no mundo enteiro apresentouse como a única maneira racional de actuar para correxir a "rixidez" do sistema anterior. Había que libertar as enerxías esganadas polo Estado

Podemos quedar ás escuras

Apartados xeográficos Otros ARCHIVO
Estase repetindo mais cada vez ese fenómeno, que parece de atraso, dos tempos da guerra ou da fame, que é o de quedar ás escuras, pero agora o fenómeno está xa globalizado e en vez de afectar a un lugar mais ou menos pequeno, pode afectar a varios países, como sucedeu cando quedaron ás escuras

Cancún, punto e á parte

Apartados xeográficos Otros ARCHIVO
O fracaso das negociacións de Cancún é un sinal mais, dos moitos que xa está habendo, de que a ideoloxía do libre mercado e do sistema multilateral que desde hai duas décadas impera no mundo se está deslustrando. Tan forte foi a pegada desa ideoloxía que semellaba case imposíbel que non durase para sempre. Agora

A propósito do Prestige: globalización e medio ambiente

Apartados xeográficos ARCHIVO Otros
Imos vendo cada vez con mais claridade que hai un sistema ecolóxico que compre respeitar e protexer. Ese sistema é universal, mundial e local ao mesmo tempo, pero é importante ter en conta que o mundial é resultado do local e non ao contrario, que non hai unha entidade abstrata mais grande e poderosa que

O Prestige e a Organización Marítima Internacional

Apartados xeográficos Otros ARCHIVO
O asunto do Prestige é un asunto político, pois política é a maneira de nos gobernarmos e de gobernar todo o que hai no mundo. Diante dunha catástrofe como a do Prestige hai, por suposto, unha forte reacción emocional, pero as emocións duran pouco e son doadas de manipular para evadir os problemas auténticos. Se
Celsos photo 2020 07 10 22 27 11

Cancela Outeda

É o Director da revista do IGADI, Tempo Exterior. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Diploma de Especialista na Unión Europea pola Universidade da Coruña (1995) e Diploma de Estudos Avanzados pola UNED (Programa de Doutoramento en Política e Goberno. Subprograma: O proceso político

Cancela Outeda Leer más »


Artigos de Cancela Outeda, Celso

Foto de Xurxo Lobato, El País 1992. Manuel Fraga e Fidel Castro en Láncara.

Unha ollada a catro décadas de acción exterior galega: dos contactos furtivos á Lei de Acción Exterior de 2021

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
A xuntanza dun funcionario ou representante político galego cun homólogo estranxeiro é un feito normal, habitual e legal. Cando as institucións galegas comezaron a súa andaina nos 80 a situación era ben distinta. Os contactos episódicos coas autoridades alén do Miño para tratar cuestións de interese común debían realizarse de xeito furtivo ou disimulado. Hoxe existe un marco legal, autonómico e estatal, que ampara a denominada acción exterior galega. Estas páxinas presentan de forma abreviada unha panorámica histórica da acción exterior despregada polo Goberno galego durante catro décadas. Desde as primeiras iniciativas episódicas, illadas e limitadas, a acción exterior evolucionou ata a configuración dun marco legal propio (Lei de Acción Exterior, 2021) que asume a acción exterior como unha fenómeno cotiá, integral e indispensable para o autogoberno galego no que están chamados a participar diversos actores.
400fotopaulalamoso

Lamoso González

Paula Lamoso é Doutora en Dereito, Goberno e Políticas Públicas pola Universidade Autónoma de Madrid. Experta en Diplomacia da Unión Europea (SEAE – AR/VP – Parlamento Europeo) e creación de Institucións en organizacións internacionais-rexionais.

Lamoso González Leer más »


Artigos de Lamoso González, Paula

Xeración Igualdade: Unha política exterior feminista para un mundo máis seguro.

Apartados xeográficos Otros
Xa entrados no 2020, ningún país do mundo, nin tan sequera os máis avanzados, lograron pechar a fenda de xénero, particularmente polo que respecta aos ámbitos político e económico. A discriminación contra as mulleres segue a ser persistente en todo o planeta, especialmente nos países menos desenvolvidos. Ademais, as crises sempre teñen efectos moito máis

Brasil - EEUU: oportunidade para a UE?

Apartados xeográficos América Latina
Liñas de investigación Observatorio Gallego de la Lusofonía
Como punto de partida, cómpre sinalar que as relacións entre Brasil e EEUU non se caracterizan pola súa constancia senón pola sucesión dunha alternancia de filias e fobias(1). Mentres que durante os anos de mandato de Lula Da Silva (2003-2011), as relacións entre ambos países foron notablemente tensas, a situación cambiou dende que Dilma Rousseff

Oportunidades para Galicia no Cumio bilateral España-Brasil

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio Gallego de la Lusofonía
Entre os días 15 e 16 de Novembro tivo lugar na cidade de Cádiz o XXII Cumio Iberoamericano. O principal tema de debate foi a actual situación económica mundial e o principal obxectivo, a busca de fórmulas conxuntas de actuación para saír da crise. Con ese ánimo apelouse á necesidade de empregar fórmulas de crecemento

Achegamento entre Portugal e Brasil: unha oportunidade para Galicia?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio Gallego de la Lusofonía
Ao longo da historia, as relacións entre Portugal e Brasil non teñen sido todo o fluídas que cabería esperar tendo en conta a súa proximidade cultural. Isto débese, en grande medida aínda que non só, aos estereotipos creados sobre os emigrantes portugueses en Brasil durante finais do século XIX e principios do século XX.

Brasil 2012: Gañadores e perdedores nas eleccións municipais

Apartados xeográficos América Latina
Liñas de investigación Observatorio Gallego de la Lusofonía
No mes de Outubro celebráronse as eleccións municipais en Brasil. A primeira volta tivo lugar o día 7, e a segunda, determinante para os concellos de máis de 200.000 habitantes, o pasado día 28. O interese destes comicios é maiúsculo debido a que os partidos que consigan o maior número de alcaldías, ou polo menos

A acción exterior nos programas electorais: autonómicas galegas 2012

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
A acción exterior é de vital importancia para Galicia. Por iso, a maioría das forzas políticas que concorren ás eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo 21 de outubro incorporan no seu programa electoral, en maior ou menor media, un apartado referente ao papel que Galicia debe desempeñar no mundo. Os dous partidos maioritarios, PPdeG

Peña Nieto explora unha alianza con Brasil

Apartados xeográficos América Latina
O protagonismo de América Latina no contexto internacional actual relaciónase co feito de constituír unha das áreas máis importantes en termos económicos. Como consecuencia do seu recente desenvolvemento e das históricas disputas entre os seus gobernos é, á par, difícil e sumamente necesario, identificar un líder rexional que asuma a tarefa de interlocución co resto
davidreinero

Reinero González

(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico

Reinero González Leer más »


Artigos de Reinero González, David

Fotografía Praza Pública

Trumpismo en Angrois

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Unión Europea
Donald Trump leva varias semanas humillando a Europa. Así o cren opinadores moi serios a un e outro extremo do espectro ideolóxico que dan por feito que o menos malo de todos os artefactos políticos construídos polo ser humano, a Unión Europea, está ferida de morte. Pero mesmo febles, as institucións comunitarias aínda son quen de
Na fotografía, de esquerda a dereita, Rubén Lois (USC), Tino Santiago (IGADI), Bichara Khader, Daniel González Palau (IGADI) e David Rodríguez (Fundación Araguaney)

Entrevista a Bichara Khader "O espertar da sociedade, tamén da galega, é útil para o pobo palestino"

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Bichara Khader (Zababdeh, Palestina, 1944), profesor emérito da Universidade Católica de Lovaina, é especialista nas relacións euro-árabes. De pai protestante e nai católica, a súa vila natal do norte da actual Cisxordania tiña catro igrexas e dúas mesquitas, con musulmáns, católicos, ortodoxos ou melquitas convivindo no día a día. Unha situación moi diferente ao conflito permanente que se vive en oriente próximo desde hai décadas e a cuxa solución tenta contribuír Khader coas súas reflexións desde o mundo académico.
Un Alvia en Angrois, Fonte: CC-BY-SA Praza Pública

A UE desembarca no xuízo de Angrois: as institucións comunitarias como amparo da cidadanía

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Unión Europea
O xoves 7 de xullo de 2016, case tres anos despois do accidente de Angrois, o máis grave nas últimas décadas en Europa, con 80 persoas mortas e 144 feridas, a investigación do sinistro mudou por completo. Aquel día a UE fixo público un informe da Axencia Ferroviaria Europea que invalidou a investigación técnica oficial

Angrois, ou como o respecto pola cidadanía fai Europa

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Paradiplomacia
Para cando Jesús e Teresa interviron en Bruxelas ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, en España xa foran expulsados varias veces do Congreso dos Deputados, do Senado e do Parlamento de Galicia. Na Eurocámara, pola contra, a Jesús e Teresa deixóuselles mesmo proxectar un documental coas súas reivindicacións.

Menos mal que a culpa foi de Portugal

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Todos os gobernos se trabucan. Algúns rectifican, aínda que a maioría non o fan se a cidadanía non protesta. Pero para que poidan protestar, os afectados antes teñen que saber que o goberno vai tomar unha decisión que lles vai molestar. Canto máis tarde a cidadanía en saber desa decisión, máis tardará en protestar, e polo

Integrarse na lusofonía de costas a Portugal

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O debate sobre o estado da autonomía saldouse en materia de acción exterior cunha aparentemente contraditoria aposta en solitario do PP pola lusofonía sen achegarse máis a Portugal e coa acusación unánime de todo o Parlamento de Galicia contra Noruega de incumprir o Convenio Europeo de Dereitos Humanos.

A cimeira do piche

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
160.000 euros foi o custo do resultado máis visible da XXVIII Cimeira Ibérica entre España e Portugal celebrada o luns en Baiona. Ese é o importe que gastaron o Concello de Baiona, a Deputación de Pontevedra e Paradores no asfaltado dos 700 metros da estrada de acceso á fortaleza de Monterreal na que se celebrou

A Xunta centra (aínda máis) a acción exterior na economía

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Que a Xunta hai tempo que deixou de lado as vertentes política, social e cultural da acción exterior galega para centrarse case exclusivamente na económica era algo sabido. Pero no último mes esa tendencia non só vén de ser avalada implicitamente pola oposición senón que o Goberno galego mesmo pretende plasmala por escrito corrixindo os

O que se debe a Bruxelas

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
En 1986 percorrer os 80 quilómetros que separan O Porriño de Ourense supoñía máis dunha hora e media de curvas. Aquel ano Galicia entrou na entón Comunidade Económica Europea (CEE) e comezou unha chuvia de millóns que permitiu rematar en 1999 a Autovía dás Rías Baixas e reducir a viaxe a 45 minutos. Ese mesmo