A presidenta do Parlamento recibe a unha representación do consello reitor do IGADI, que cumpre 20 anos traballando a prol da internacionalización de Galicia

A presidenta do Parlamento recibe a unha representación do consello reitor do IGADI, que cumpre 20 anos traballando a prol da internacionalización de Galicia

Pilar Rojo felicita a Xulio Ríos, director do IGADI, co que aborda o traballo “imprescindible” que desenvolve esta entidade desde a súa creación, en 1991

Pilar Rojo felicita a Xulio Ríos, director do IGADI, co que aborda o traballo “imprescindible” que desenvolve esta entidade desde a súa creación, en 1991

A presidenta do Parlamento recibe a unha representación do consello reitor do IGADI, que cumpre 20 anos traballando a prol da internacionalización de GaliciaA presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara au director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), Xulio Ríos, que acudiu acompañado por outros dous integrantes do consello reitor desta entidade, Antonio Martínez Puñal e Xulián Maure Rivas.

Os participantes nesta xuntanza pasaron revista aos 20 anos de historia do IGADI, unha entidade independente creada en 1991 e que ten por obxectivo a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección internacional de Galicia.

A presidenta do Parlamento de Galicia felicitou ao director do IGADI polo traballo que desenvolve. “Para cantos aspiramos a edificar unha Galicia universal, perfectamente inserida no conxunto de España e en Europa, o traballo do IGADI resulta imprescindible, ao igual que o seu protagonismo nalgunha das  iniciativas de diplomacia parlamentaria auspiciadas pola institución que me honro en presidir”, afirmou Pilar Rojo.