O tema a abordar será “Irlanda en Plácido Castro”, pormenorizando na importancia que Irlanda tivo na definición do pensamento de Plácido Castro, tanto no eido político como noutros ámbitos. Igualmente, identificará os trazos que conforman o ideario de Plácido Castro neste aspecto e que o singularizan con respecto a outros galeguistas. Na atención e no debate desenvolvido polos galeguistas na primeira metade do século XX, Castro, o único de todos eles que realmente chegou a pisar Irlanda, resultou unha voz temperada e rigorosa.
No marco do IGADI e a paradiplomacia galega, a Fundación Plácido Castro destaca pola súa conectividade a Irlanda, nun traballo sistemático desde o ano 2002, ano de creación da Fundación. Pode consultar nesta nova toda a información sobre a actividade.
Pode consultar a historia das Conferencias anuais Plácido Castro aquí, non lle deixará indiferente.