Foro en Compostela coa Academia de Ciencias Sociais da China

O próximo 6 de outubro en Santiago de Compostela terá lugar un Foro sobre as oportunidades que representa para Galicia e Europa a iniciativa da Ruta da Seda. A actividade está organizada polo IGADI e a Academia de Ciencias Sociais da China, contando coa colaboración de Casa Asia.

No evento participará unha ampla comitiva chinesa integrada por máis de medio cento de especialistas procedentes de diferentes institutos da citada Academia (de Estudos da Información, de Filosofía, Estudos Ambientais e Urbanos), de seccións da Academia de provincias como Shandong ou Jiangsu, de medios de comunicación como o Public Daily, ou das Universidades de Dalian, Guangdong, Chongqing, Nanjing, Anhui, Henan, Xinjiang, Yunnan e Xian.

Por outra banda, participarán tamén especialistas das tres universidades galegas, da Complutense e da Autónoma de Barcelona, entre outros.

Neste 2017, o Foro celébrase igualmente en París e Roma co rótulo común “Foro europeo sobre o modelo de desenvolvemento chinés”.

A ocasión representa unha oportunidade para afondar de primeira man sobre a realidade chinesa actual na véspera do XIX Congreso do Partido Comunista, que se levará a cabo a partir do 18 de outubro en Beijing; tamén para explorar as posibilidades de Galicia en relación ao citado proxecto da Franxa e a Ruta.

A elección de Galicia e Santiago de Compostela como sede do Foro é froito da colaboración de longa data entre o IGADI, nomeadamente o seu Observatorio de la Política China, e a CASS, o principal think tank de China.

Haberá servizo de tradución simultánea castelán/chinés.

Aforo limitado. Requírese inscrición previa en: director@politica-china.org

FORO: A COOPERACIÓN SINO-EUROPEA

NO MARCO DA INICIATIVA DA FRANXA E A RUTA

6 de Outubro de 2017. Santiago de Compostela

Hotel Celuisma Os Tilos.

Programa

 

08.45             Acreditación dos asistentes

09.00h          Palabras de benvida

                          ·       Martiño Noriega, Alcalde de Santiago de Compostela

·       Deng Chundong. Presidente da Academia de Marxismo          da Academia de Ciencias Sociais de China.

·       Xulio Ríos, Presidente de Honra de IGADI.

 

09.30h -     11.00h               PANEL 1. A COOPERACIÓN SINO-EUROPEA E OS MODELOS DE GLOBALIZACIÓN

  • Moderador: Néstor Rego, secretario xeral da Unión do Pobo Galego.
  • Huang Jinhong, Investigadora Academia de Ciencias Sociais de Shandong.
  • Seán Golden, profesor UAB
  • Chen Zhigang, investigador Academia de Marxismo de CASS.
  • Xavier Vence, profesor USC

                         

11.0 0h -                     PANEL 2.  CHINA E EUROPA. VALORES PARA O DIÁLOGO 12.30h                       

 

  • Moderador: Li Chunhua, Investigador do Instituto de Urbanización e Medio Ambiente da CASS.
  • Hao Lizhong, profesor da Academia de Ciencias Sociais de Shandong.
  • Celso Cancela, profesor Universidade de Vigo
  • Zheng Yongkou, profesor da Universidade de Zhengzhou
  • Carlos Aymerich Cano, profesor Universidade da Coruña.
  • Long Bin, presidente da Asociación de Ciencias Sociais de Guilin

 

Debate

 

12.20h            Foto conxunta

12.30h             Xantar

                       

14.00h -           PANEL 3. A INICIATIVA DA FRANXA E A RUTA

15.30

  • Moderador: Yu Xiangdong, profesor da Universidade de Zhengzhou.
  • Yu Li, profesora da Universidade de Zhengzhou.
  • Rafael Bueno, Director do departamento de Política, Sociedade e Educación, Casa Asia
  • Yang Aihua, profesor Universidade Nacional de Defensa e Tecnoloxía.
  • Eddy Sánchez, profesor UCM e director da Fundación de Investigacións Marxistas.

 

Debate

 

15.30h -           PANEL 4. GALICIA E ESPAÑA NA INICIATIVA DA

17.00               FRANXA E A RUTA

 

  • Moderador: Eva Solla Fernández, secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia e vicepresidenta segunda do Parlamento galego.
  • Dong Wenzhu, Investigador do Instituto de Estudios de Rusia, Europa Oriental e Asia Central da CASS.
  • Antonio Carlos Pereira Menaut, xurista e profesor USC.
  • Zhang Baoyun, profesor da Universidade de Transporte de Shandong
  • Víctor Cortizo, primeiro mediador español do Centro de Servicios legais e comerciais para a iniciativa One Belt  One Road.

 

17.00h            Clausura do Foro       

 

Inscricións: director@politica-china.org