images igadi o mundo desde aqui 2020 03

MARZO 2020: O Mundo desde aquí, todos os mércores de marzo en Santiago de Compostela

O ciclo “Marzo 2020: O Mundo desde aquí” procura abrir un espazo de reflexión para pensar o mundo desde Galicia e particularmente desde unha cidade global coma Santiago de Compostela. O Ciclo pon o foco nos estudos internacionais protagonizados por mulleres no marco da Axenda 2030 e a acción exterior de Galicia. As catro citas desenvolveranse ao longo de todo o mes de marzo na Fac. de Ciencias Políticas e Sociais da USC (Campus Sur) os mércores 4, 11, 18 e 25, a partir das 19:30.

 

 

O ciclo “Marzo 2020: O Mundo desde aquí” procura abrir un espazo de reflexión para pensar o mundo desde Galicia e particularmente desde unha cidade global coma Santiago de Compostela. O Ciclo pon o foco nos estudos internacionais protagonizados por mulleres no marco da Axenda 2030 e a acción exterior de Galicia. As catro citas desenvolveranse ao longo de todo o mes de marzo na Fac. de Ciencias Políticas e Sociais da USC (Campus Sur) os mércores 4, 11, 18 e 25, a partir das 19:30.

 

images igadi o mundo desde aqui 2020 03

 

A tarefa de apertura o próximo mércores 4 de marzo será para Marola Padín, analista do IGADI e do Observatorio da Política China, actualmente investigadora central do proxecto “O Xacobeo 2021 e  Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente”. Marola Padín, antiga alumna da Fac. de Ciencias Sociais será presentada polo Decano da mesma, Ramón Bouzas. “Galiza-China un binomio com forza” será o título da súa conferencia.

Posteriormente o mércores 11 a pontevedresa Paula Lamoso, Doutora en Dereito, Goberno e Institucións pola Universidade Autónoma de Madrid e investigadora asociada do IGADI presentará “A polítia exterior feminista para un mundo máis xusto e seguro” achegándonos ao concepto de política exterior feminista, emerxente nas novas temáticas de relacións internacionais e institucionalizado por Suecia coma política de estado no 2014, referencia dentro das iniciativas pola igualdade no marco global da Axenda 2030. A profesora da Facultade Montserrat Pintado Lobato será a encarregada de presentar a segunda das citas do Ciclo.

O mércores 18, María Xosé Porteiro, xornalista e escritora, achegarase ao papel da Galicia exterior, “A diáspora  e a acción exterior de Galicia” desde unha ollada feminista, achegando a súa experiencia persoal coma Delegada do goberno da Xunta de Galicia en Bos Aires entre o 2007 e o 2009. A profesora da Facultade, Marta Lois, será a encarregada de abrir a terceira cita do Ciclo.

Finalmente o mércores 25 de marzo, María Reimóndez, escritora, tradutora e especialista en cooperación internacional, presentará a charla “Crítica da cooperación internacional desde os feminismos” dese a súa experiencia coma investigadora en feminismos e fundadora da ONGD Implicadas no Desenvolvemento. A profesora da Facultade, Irene Rodríguez Manzano, presentará a última das charlas do Ciclo –Marzo 2020: O Mundo Desde Aquí.

O horario da actividade comprende de 19:30 a 21:00. Todas as Charlas son de libre acceso.

Para reserva de prazas, calquera información adicional ou contacto para entrevistas pódese contactar co IGADI no enerezo electrónico info@igadi.org ou no teléfono 604 03 97 54.