images IGADI Convite Mexico politica interior e exterior en tempos de AMLO 1

Mesa redonda sobre os retos para México e a presidencia de López Obrador

Tres expertos mexicanos participarán o vindeiro martes, 25 de setembro, na mesa redonda “México: política interior e exterior en tempos de AMLO” (Andrés Manuel López Obrador), organizada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

 

images IGADI Convite Mexico politica interior e exterior en tempos de AMLO 1

Tres expertos mexicanos participarán o vindeiro martes, 25 de setembro, na mesa redonda “México: política interior e exterior en tempos de AMLO” (Andrés Manuel López Obrador), organizada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

 

Na charla-coloquio, que terá lugar ás 20 horas na Casa das Campás (R/ Don Filiberto, 9) con acceso libre e de balde, tres profesores da Facultade de Economía da Universidade de Colima (México) achegarán distintas visións e perspectivas sobre o momento actual e futuro do país tras a vitoria electoral de López Obrador.

A mesa redonda dará comezo coa intervención do profesor Ricardo Castellanos Curiel, que se centrará na viabilidade técnica e financeira das propostas de campaña que agora debe afrontar o presidente mexicano. A continuación, a profesora Claudia M. Prado-Meza achegarase de maneira específica á perspectiva de xénero na axenda do novo goberno, que ten por diante o reto de cambiar o país e camiñar cara a igualdade real. Para rematar, o profesor Francisco Javier Haro Navejas exporá as chaves das relacións internacionais mexicanas e, especificamente, os debates arredor da relación de México con China. O debate estará moderado polo director do IGADI, Daniel González Palau.

Para máis información ou entrevistas á profesora e aos profesores convidados, poden contactar connosco no enderezo electrónico info@igadi.org ou no teléfono 604 03 97 54