Novidades editoriais da Fundación Plácido Castro

Novidades editoriais da Fundación Plácido Castro

Un galego en Irlanda e Máximas e Reflexións

A Fundación Plácido Castro vén de editar “Un Galego en Irlanda”, a crónica da viaxe que o galeguista de Corcubión (1902-1967) realizou a terras irlandesas en 1928. A serie, composta por seis artigos, foi publicada no diario El Pueblo Gallego entre o 24 de agosto e o 21 de setembro de 1928. A edición preparada pola Fundación inclúe versión en inglés e un apéndice fotográfico do autor con numerosas instantáneas inéditas.

Así mesmo, a Fundación editou un volume con 101 Máximas e reflexións de Plácido Castro que evidencian o seu forte compromiso con Galicia e amósanos os trazos vitais do seu pensamento. Inclúe seccións como acción exterior de Galicia, democracia e nacionalismo, lingua, universalismo, identidade, etcétera.

A Fundación Plácido Castro pretende aínda presentar en próximos días un facsímil que recolle documentos inéditos sobre a participación de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas en 1933. Xustamente, ao cumprírense 80 anos daquel evento no que a presenza de Plácido Castro en Berna (Suíza) permitiu o recoñecemento de Galicia como unha nacionalidade europea, a Fundación quere dar un impulso ás súas actividades co propósito de reivindicar unha vez mais a obra e o pensamento de Plácido Castro, figura singular no galeguismo da época e practicamente ausente na nosa memoria colectiva.

A Fundación Plácido Castro está integrada polos concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).