O IGADI estrea nova páxina web

Dende o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) comprácenos informar da presentación da nosa nova páxina web: http://www.igadi.org/web/ que, cun deseño mais dinámico, conserva pero ao mesmo tempo actualiza e renova os contidos do IGADI, coa pretensión de axilizar a difusión e promoción do noso labor.

Dende o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) comprácenos informar da presentación da nosa nova páxina web: http://www.igadi.org que, cun deseño mais dinámico, conserva pero ao mesmo tempo actualiza e renova os contidos do IGADI, coa pretensión de axilizar a difusión e promoción do noso labor.

Mantendo o noso compromiso coa independencia de criterio e a pluralidade á hora de reflexionar sobre os problemas e as tendencias da sociedade internacional contemporánea, así como en orde a pular pola inserción exterior de Galicia a todos os niveis, este novo enderezo web incorpora, de forma dinámica e actualizada, as nosas seccións tradicionais como Análise e Opinión, os Programas de Investigación, as nosas Publicacións (Tempo exterior, IGADI Paper, IGADI Annual Report, IGADI WW Nós no Mundo, Informe Mundial de Estados de Feito, Boletíns de ARREDALIA, Memorias de Actividades, Informe Anual do Observatorio de la Política China, Texturas Internacionais, libros, e-books e outras publicacións), a nosa Documentación, Axenda e as Noticias e informacións.

Ademais de incorporar a vinculación activa coas redes sociais, neste novo formato poderase igualmente apreciar a nosa Videoteca (IGADI TV), Audio (entrevistas radiofónicas), Arquivo Fotográfico e unha listaxe actualizada dos nosos analistas e colaboradores, así como acceder ás respectivas web do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, da Fundación Plácido Castro e do Observatorio de la Política China (OPCh), conservando ao mesmo tempo o arquivo da antiga web do IGADI.

Convidamos por tanto aos nosos amigos e amigas a visitarnos en  http://www.igadi.org, e a colaborar na difusión da nova imaxe.

 

Illa de San Simón, 22 de xuño de 2012.