images o mundo desde aqui alfredototohardy

Presentamos o último libro de Alfredo Toro Hardy na IGADI TV: China vs USA, quen prevalecerá?

O evento desenvolverase en liña na IGADI TV, o martes 20 de abril ás 20:00 hora en Galicia. Para poder participar en directo desde ZOOM hai que enviar un correo a info@igadi.gal.

O evento desenvolverase en liña na IGADI TV, o martes 20 de abril ás 20:00 hora en Galicia. Para poder participar en directo desde ZOOM hai que enviar un correo a info@igadi.gal.

images o mundo desde aqui alfredototohardy

En agosto do ano 2020 o noso colaborador, Alfredo Toro Hardy (diplomático venezolano retirado e autor de 20 libros de relacións internacionais) presentou o seu último ensaio, “China vs the USA: Who will prevail?” publicado en inglés pola editorial World Scientific. O libro achégase de maneira sistemática ás orixes, evolución e momento actual da rivalidade estratéxica que define á sociedade internacional nos nosos días desde varias preguntas iniciais: Desafiou China aos Estados Unidos demasiado duro e demasiado cedo e, ao facelo, afectou seriamente a oportunidade de conseguir os seus obxectivos? Aínda pode Washington conter a ascensión de China e manter o seu status de líder actual? Cales son as opcións que poden resultar do choque destes dous xigantes? Cal destas opcións ten a maior probabilidade de prevalecer?

Desde estas bases o ensaio achégase a sete dimensións da rivalidade estratéxica entre as dúas superpotencias, analizando as posibilidades do confronto desde: a capacidade de converxencia para reunir a outros países tralo seu liderado, a capacidade para manter un curso de acción estratéxico e racional, a capacidade para proxectar as súas propias culturas e valores a nivel mundial; a capacidade para disuadir as agresións do outro en caso de producirse choques directos ou indirectos; a capacidade para manter un crecemento económico máis rápido do PIB e a capacidade para obter a primacía nun grupo de tecnoloxías emerxentes claves. A súa lectura e conclusións non deixarán indiferente, achegando profundidade ao tema central da sociedade internacional actual.

Alfredo Toro Hardy colaborador regular do IGADI, achéganos de maneira semanal na nosa web reflexións poliédricas, especificamente ligadas á historia da globalización, a cuestión latino-americana ou á evolución da confrontación entre os USA e a China actual, con especial énfase na análise histórica, contextual e tecnolóxica. De feito, o autor participou no último IGADI Annual Report 2020-2021 cunha peza parte das análises transversais, “A guerra fría tecnolóxica” (páx 43). Nos seus artigos aparecen interrogantes tan inquietantes como a inevitabilidade ou non dun enfrontamento militar entre os USA e a China ou os paralelismos deste enfrontamento actual coa vella Guerra Fría.

O evento poderase seguir en directo na canle de youtube do IGADI, podendo participar no evento virtual de maneira directa na sala de ZOOM enviando un correo a info@igadi.gal