Visitas 30 aniversario do IGADI

Visitas 30 aniversario do IGADI: Martes 26 o Alcalde Lores abre as visitas institucionais

  • As Visitas ao local, ubicado no Centro Cívico Sur do Concello de Pontevedra, comezaron o pasado venres 22 de abril e espallaranse no calendario até o 24 de xullo, realizándose actividades variadas con persoas e entidades do ecosistema da asociación, así coma representantes institucionais, políticos, académicos…
  • No proceso, desvelarase a nova web da entidade, proxectada para a súa estrea o 9 de xullo, Día da Galicia Exterior.
  • O martes 26 ás 12:00 darán inicio as visitas institucionais coa visita do Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores ao local do IGADI no Centro Cívico Sur. 
30 aniversario do IGADI

O venres 22 pola mañá celebrouse na sede do IGADI o Obradoiro: “Globalización, línguas internacionais e  tradución automática". A actividade puxo en común a experiencia de 3 alumnos da UVIGO e a USC, actualmente en prácticas no IGADI, co proceso de construción da futura web da entidade, na perspectiva histórica da relación da asociación co mundo da tradución e as linguas internacionais. 

Xunto ás estudantes en prácticas, Ana Doval e Pablo González da UVigo e María Gómez da USC, participaron Carmen Villarino e Iolanda Galanes, profesoras da USC e da UVigo e parte do Consello editorial da revista do IGADI, Tempo Exterior. Destacou tamén a participación no Obradoiro de Iria Taibo, Presidenta da AGPTI, coa que o IGADI asinou un acordo de colaboración xeral, que apunta a facilitar a incorporación de línguas internacionais na transición dixital da entidade, onde a a futura web virá a luz o próximo 9 de xullo. Daniel González Palau, Director do IGADI, agradeceu o valor engadido que incorpora a AGPTI ao IGADI desde hai tempo.

Visitas 30 aniversario do IGADI
Visitas 30 aniversario do IGADI

Pola tarde do mesmo venres 22 visitou a sede do IGADI, Ricardo Antunes, sociólogo brasileiro e parte do Consello Cientifico da revista Tempo Exterior. A visita de Ricardo Antunes posibilitouse grazas a súa participación na Semana Galega de Filosofía que se celebrou a última semana en Pontevedra. O destacado sociólogo especializado na evolución do traballo, o mundo laboral e o sindicalismo, expresou que a súa estadía en Pontevedra fora fantástica, sentíndose no paraíso do camiñante pola boa educación dos condutores.

ricardoantunes2
Visita á sede do IGADI, Ricardo Antunes, sociólogo brasileiro e parte do Consello Cientifico da revista Tempo Exterior

O próximo martes día 26, espallando a celebración polo 25 de abril, visitará a sede do IGADI no marco da Visita dos 30 anos o Alcalde de Pontevedra, MA Lores. Na visita participará coma representante do Consello Reitor do IGADI, X. Fortes, a Vicedirectora Marola Parín, Tino Santiago, xornalista e membro da Xunta Directiva da entidade, así coma os profesores da UVigo, Celso Cancela (Director da revista TE) Alvaro López Mira (Consello de Redacción da revista TE) e Bruno González (Secretario da revista TE).

Visitas 30 aniversario do IGADI
Visitas 30 aniversario do IGADI