images igadi weintheworld 2019 pages to jpg 0001

Xa na rede a décima edición do informe anual sobre a acción exterior de Galicia “Nós no Mundo 2019: A lusofonía en Galicia, entre a Lei Paz Andrade e a EGAEX”.

 

O Nós no Mundo (We in the World) é un informe reflexivo impulsado polo IGADI e de periodicidade anual arredor da acción exterior galega, que presta especial atención ao acontecido no exercicio precedente mais tamén, á vista das dificultades existentes para establecer fronteiras cronolóxicas a certos niveis, afondar nas proxeccións temáticas máis sobresalientes respecto ao seguinte e vindeiros anos.

 

images igadi weintheworld 2019 pages to jpg 0001

O Nós no Mundo (We in the World) é un informe reflexivo impulsado polo IGADI e de periodicidade anual arredor da acción exterior galega, que presta especial atención ao acontecido no exercicio precedente mais tamén, á vista das dificultades existentes para establecer fronteiras cronolóxicas a certos niveis, afondar nas proxeccións temáticas máis sobresalientes respecto ao seguinte e vindeiros anos.

Na edición de 2019, onde o Informe cumpre o seu décimo aniversario, decidimos poñer o foco sobre a relevancia da lusofonía na acción exterior de Galicia, no marco do quinto aniversario da Lei Paz Andrade e o primeiro ano de funcionamento da Estratexia Galega de Acción Exterior, como documento estratéxico panorámico da nosa paradiplomacia.

Así as cousas, contamos para a elaboración do núcleo deste Informe con personalidades e institucións de natureza plural: Xunta de Galicia, Instituto Camoes, Confederación de Empresarios, CIG, Consello da Cultura, Academia Galega da Lingua Portuguesa... Contamos ademais con algúns artigos fóra da lóxica central do Informe, mais inevitablemente asociados, como a radiografía dos nosos vínculos económicos internacionais, o novo tempo no Consello da Cultura de Galicia, o programa IACOBUS que promove a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, a participación de Galicia na Asociación Internacional de Xeografía, ou sobre a propia actividade do IGADI no 2018.

Só nos resta agradecer a colaboración das persoas e entidades que asinan os artigos, desde unha nómina plural de visións desa Galicia global que nos permite seguir a construír ao IGADI como ferramenta de pensamento e debate plural, espazo e lugar de encontro para a sociedade galega do S.XXI que non renuncia a ser e estar no mundo.

Podes acceder aquí ao "Nós No Mundo 2019: A lusofonía en Galicia: Entre a Lei Paz Andrade e a EGAEX