acorunhaglobal

A Coruña no mundo global do S.XXI (2019-2022)

acoruna.hub.gal nace no ano 2020, froito do traballo conxunto entre o Concello da Coruña e o IGADI desde o 2018 para mellorar a proxección e imaxe internacional da cidade. No 2022 traballamos na creación dun Mapa físico e online da Coruña coma cidade global, así como na 2ª edición das Xornadas “A Coruña no mundo global do S.XXI” que se celebrarán o 23, 24 e 25 de novembro, no Centro Universitario de Riazor da Universidade da Coruña en horario de tardes.