igadi o xacobeo 2021 e a ruta da seda caminos para o dialogo oriente occidente final

O Xacobeo e a Ruta da Seda: Camiños de diálogo Oriente-Occiedente (2019-2022)

O proxecto “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” naceu da premisa inicial de que o diálogo entre o Camiño de Santiago e a Ruta da Seda deberá ser parte integrante e substancial do diálogo Europa-China no marco da Axenda 2030.

O proxecto “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” naceu da crenza de que Galicia debería poñer en valor o seu capital exterior, simbólico e operativo, e que o diálogo entre os Camiños a Santiago e a Ruta da Seda ofrecía no marco do S.XXI un espazo ideal para impulsar unha maior coordinación e maior coñecemento mutuo con China, así coma unha plataforma con forte valor simbólico para posicionar o selo exterior de Galicia. No ano 2020 financiouse por medio da convocatoria de proxectos da Xunta de Galicia, O Teu Xacobeo. Podes ver aquí os vídeos de todas as Sesións das Xornadas e aquí toda a info do proxecto, aínda en marcha e na procura de financiación para un maior impacto.