placido castro nos mesmos no

Plácido Castro. Nós mesmos no mundo. 2022

Edita: Fundación Plácido Castro
Sede oficial e Arquivo Permanente:
Rúa Nova, 4, 36630 Cambados (Pontevedra)
Deseño e diagramación: BREO.gal
Revisión lingüística: Ánxelo Gonzalves Vicente
Impresión: Tórculo Comunicación
Tiraxe: 2.000 exemplares
Depósito Legal: PO-558-2022
ISBN: 978-84-09-43968-3

En 2022 cúmprense 120 anos do nacemento de Plácido Castro e tamén 25 anos da publicación dunha primeira biografía súa. É este un dobre motivo abondo para alentar un sintético e reflexivo inventario das achegas que nestes cinco pasados lustros se foron efectuando á súa figura dende diversos eidos.

A cada paso, motivando a diversos autores, fomos redescubrindo ao noso autor de xeito que, colectivamente, fomos quen de propiciar un salto cualitativo na comprensión da súa figura e moi particularmente da súa significación no cosmos galeguista. É esta que presentamos unha obra, por tanto, que suma perspectivas, criterios e visións que axudan en conxunto a gañar altura arredor de Plácido Castro e interpretar axeitadamente a súa relevancia e achegas. En perspectiva, se algunha conclusión resulta de todo ese empeño común é a unánime convicción de nos atopar ante unha personalidade singular en moitos planos e que cómpre reivindicar en maior medida.

Esta é, polo mesmo, unha biografía, sobre todo, interpretativa, que foxe da mera enumeración descritiva das peripecias vitais para se comprometer coa análise do discurso, as claves do seu ideario, as múltiples facetas da súa personalidade e as accións que revelan o compromiso do noso autor. Toda a info na Fundación Plácido Castro ou nesta peza de David Reinero en Praza.gal.

[A Fundación Plácido Castro facilita de xeito gratuíto un exemplar da biografía a quen o solicite na súa web previo pago de 5 euros por gastos de envío]