Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local
Daniel González Palau
Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local
Daniel González Palau
Neste volume, o autor realiza unha completa digresión sobre a problemática dos irmandamentos. Realiza primeiro, unha abordaxe contextual e teórica para despois pormenorizar nos retos dos gobernos locais do século XXI. Finalmente, analiza os irmandamentos como ferramenta para o desenvolvemento local. Pormenorizando nos datos relativos a esta cuestión na Galicia de 2009, ofrece valiosas conclusións e introduce propostas para destacar o enorme valor e potencialidade desta expresión da paradiplomacia local, tan a miúdo desprezada unha vez pasou a etapa constitutiva. Pola contra, os irmandamentos, ben concibidos e optimizados, poden servir de acicate para promover o desenvolvemento, a cooperación e a sostibilidade nas mais diversas frontes dunha xestión municipal orientada ao servizo aos cidadáns.
González Palau, Daniel. Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local. Colección Texturas Internacionais, IGADI, 2010.
Sumario
Presentación
Primeira parte: dimensión teórica
-
1. Marco contextual e teórico
- 1.1. Globalización, complexidade e crise de intelixibilidade
- 1.2. A teoría de redes sociais
-
2. Os gobernos locais do século XXI
- 2.1. O desenvolvemento da globalización: a sociedade-rede
- 2.2. O goberno na sociedade-rede: evolución e configuración do modelo relacional
- 2.3. As novas dimensións do desenvolvemento local no contexto da sociedade-rede
- 2.4. A cooperación descentralizada: a internacionalización das cidades e a paradiplomacia urbana
-
3. Os irmandamentos coma ferramenta de desenvolvemento local:
- 3.1. Introdución: que son os irmandamentos?
- 3.2. Orixe europea e desenvolvemento comunitario
- 3.3. O modelo americano: as sister cities
- 3.4. España e o modelo galego
- 3.5. Nacemento e desenvolvemento dun irmandamento: modelos clásicos e descritivos
- 3.6. Os irmandamentos na sociedade-rede
Segunda parte: dimensión avaliativa
- 1. Metodoloxía
- 2. Análise de datos Galicia 2009
-
3. Conclusións:
- 3.1. O modelo galego de irmandamentos
- 3.2. Resumo executivo
Terceira parte: dimensión propositiva
- 1. Introdución
- 2. Modelo normativo de xestación e desenvolvemento dunha irmandade
Bibliografía
Documentación institucional
Listaxe de actores relevantes
Anexos
Para solicitar información ou o envio dalgún exemplar diríxete a info@igadi.gal