Logo do Campus Industrial de Ferrol

As Xornadas “Ferrol no mundo: Iberoamérica e o diálogo Oriente-Occidente” celebraranse o venres 10 de novembro

Co apoio do Campus Industrial de Ferrol e Casa Asia organizamos o próximo venres 10 de novembro desde as 10 da mañá (Edificio de Batallones, Sala de conferencias) unhas Xornadas para conectar a Galicia coa China, con expertas en xeopolítica, relacións internacionais e Axenda 2030, así como especialistas nas relacións universitarias entre España e China.