China en Galicia : Palabra chave

chiberica 1

Chibérica: Portugal e España perante a China

En relación a China, Portugal e España comparten importantes valores similares. Por unha banda, unha relación histórica que constitúe un sólido piar da relación bilateral. Por outra banda, China é, en ambos os casos, un socio económico destacado, tanto se nos referimos ao intercambio comercial como aos investimentos, incluídos os problemas estruturais da relación. Así mesmo, politicamente, a proximidade mantense en niveis aceptables a pesar da desfavorable situación global recente. E, en xeral, permanece unha relación bastante ben tecida que se reflicte na persistencia dunha asociación estratéxica que asegure a fluidez do diálogo e dos intercambios a todos os niveis.

Cartel do proxecto desenvolvido no ano 2020 polo IGADI, co apoio da Xunta de Galicia

Intercambios culturais e educativos entre China e Galicia

No marco do 50 aniversario das relacións diplomáticas entre China e España, o pasado 28 de outubro de 2023 impartín unha conferencia titulada “Intercambios culturais e educativos entre China e Galicia” no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, organizada pola Facultade de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Escola Oficial de Idiomas da Coruña e a Asociación de Novos Empresarios de Galicia.