Cimeira do Futuro : Palabra chave

IGADI La Politica Exterior Feminista y el Pacto del Futuro Pagina 01 600x412 1

Dispoñible en portugués e castelán o 2º Informe sobre a Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro 2026

O Informe conta coa participación de investigadoras como Manuela Mesa, de CEIPAZ, Inés Arco do CIDOB ou María Solanas do Real Instituto Elcano, así como unhas conclusións finais arredor da pregunta que sustenta todo o Informe: Como articular a PEF nun contexto de crise do sistema multilateral e auxe de olas reaccionarias?

Dispoñible en portugués e castelán o 2º Informe sobre a Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro 2026 Ler máis »

igadi annual report 2024 2025 1

O legado do Cumio do Futuro

O sistema das Nacións Unidas (NN.UU.) enfróntase a unha crise sen precedentes. Exemplos como a agresión de Rusia a Ucraína, que vulnera frontalmente o principio de prohibición do uso da forza, e os ataques masivos a civís por parte de Israel contra a poboación de Gaza, que pisotean o dereito humanitario, amosan unha erosión dos piares do sistema internacional de seguridade colectiva e de cooperación internacional, e non son feitos illados. A incapacidade da estrutura xurídica e institucional de NN.UU., para adaptarse a unha nova realidade xeopolítica, e a súa falta de eficacia para dar resposta ás crises multidimensionais das últimas décadas, fan necesaria unha revisión das súas bases que responda aos desafíos da gobernanza no século XXI.

O legado do Cumio do Futuro Ler máis »

Política Externa Feminista e a Cimeira do Futuro

Que é a Política Exterior Feminista e cal é a súa relación co Pacto do Futuro? Lanzamos publicación en liña en castelán e portugués

O proxecto “As mulleres no mundo do século XXI: A Política Exterior Feminista e a Cimeira do Futuro” tivo como obxectivo principal, difundir e reflexionar sobre a Política Exterior Feminista (PEF), como un enfoque innovador nas relacións internacionais do S.XXI e política de Estado baseada nos Dereitos Humanos.

Que é a Política Exterior Feminista e cal é a súa relación co Pacto do Futuro? Lanzamos publicación en liña en castelán e portugués Ler máis »

CartelIGADITV PoliticaExteriroFeministaandPactForTheFuture

Inscríbase no Ciclo online da IGADI TV “Política Exterior Feminista e a Cimeira do Futuro” entre o 4 e o 7 de marzo

Nun contexto internacional cada vez máis interconectado e desafiante, a Política Exterior Feminista (PEF) converteuse nun enfoque fundamental para repensar as relacións internacionais desde unha perspectiva de igualdade e xustiza global. Países como Suecia, Canadá, España, México ou Alemaña, comezaron este camiño para impulsar políticas que integren a igualdade de xénero nas súas estratexias diplomáticas, de cooperación e de seguridade.

Inscríbase no Ciclo online da IGADI TV “Política Exterior Feminista e a Cimeira do Futuro” entre o 4 e o 7 de marzo Ler máis »

IGADI ANAGRAMA

O IGADI lidera dous proxectos financiados polo Ministerio de Exteriores que reforzan o seu perfil internacional e o compromiso coa Acción Exterior de Galicia

Os proxectos “O papel da muller no mundo actual: A Política Exterior Feminista e a Cimeira do Futuro” e “España na CPLP: un novo horizonte para o multilateralismo” aliñéanse coas prioridades da política exterior española e a Acción Exterior de Galicia. Fináncianse grazas ás convocatorias de proxectos da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais.

O IGADI lidera dous proxectos financiados polo Ministerio de Exteriores que reforzan o seu perfil internacional e o compromiso coa Acción Exterior de Galicia Ler máis »

Leticia Álvarez Reguera é a encargada de Comunicación da ONU para España e Andorra en UNRIC, o Centro Rexional de Información da ONU con base en Bruxelas. É xornalista de formación e especializouse na resolución de conflitos, mediación internacional e procesos de paz. Traballou como xornalista no Leste de Europa. Escribiu o libro: “Mi nombre es Refugiado”, onde narra a súa viaxe desde Turquía a Alemaña con varias familias de refuxiados. Chegou a Bruxelas vía Ucraína.

“A negociación e o multilateralismo, que parecen tan abstractos e pouco tanxibles, son o mellor camiño para a prevención de conflitos” Entrevista a Leticia Álvarez Reguera, responsable de comunicación da ONU para España e Andorra

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

“A negociación e o multilateralismo, que parecen tan abstractos e pouco tanxibles, son o mellor camiño para a prevención de conflitos” Entrevista a Leticia Álvarez Reguera, responsable de comunicación da ONU para España e Andorra Ler máis »

Os 17 Obxectivos da Axenda 2030

Que relación garda o Cumio do Futuro coa Axenda 2030? (Especial, Cuarta parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

Que relación garda o Cumio do Futuro coa Axenda 2030? (Especial, Cuarta parte) Ler máis »

pacto do futuro

Cal é o principal obxectivo do Cumio do Futuro? O Pacto do Futuro (Especial, terceira parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

Cal é o principal obxectivo do Cumio do Futuro? O Pacto do Futuro (Especial, terceira parte) Ler máis »