2020: Sociedade de risco global e incerteza radical

Cando a mediados de marzo en Europa estabamos xa confinados e o Presidente Bolsonaro identificaba o Covid19, cun acentuado retraso, coma unha “gripezinha”, o crime organizado dos barrios periféricos de São Paulo realizou un chamamento público ao confinamento, asegurando tanto os servizos básicos coma as medidas de coerción e represión no seu territorio.