Durante o 2022 a Presidencia dos BRICS foi da China, no 2023 é a quenda de Sudáfrica

BRICS

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros

Nacidos hai quince anos, os BRICS encaran unha proba de madureza. O seu cumio anual vaise celebrar en agosto en Sudáfrica pero a esa xuntanza deben chegar cos deberes feitos. Están todos os seus integrantes polo labor? Cal é a súa axenda táctica e estratéxica? Un reto é o alargamento e as súas modalidades. Está sobre a mesa. Ata dezanove países terían expresado o seu interese para formaren parte deste grupo. O promotor da expansión foi China, cando exerceu a presidencia rotatoria o ano pasado. Quizais coa idea de seguir construíndo influencia diplomática para contrarrestar o dominio global do G7, promovendo un maior peso dos países do Sur, pero baixo a sombra da repetición do equívoco europeo de confundir alargamento con potencia. Non son necesariamente sinónimos….