EUA : Palabra chave

iran

A guerra e o novo equilibrio rexional: Oriente Medio máis alá de Irán

A guerra entre Irán, Israel e Estados Unidos concentrou a atención internacional na cuestión nuclear iraniana e nos riscos dunha escalada rexional. Porén, os cambios máis significativos poden estar a producirse nun plano menos visible. O conflito parece estar acelerando unha profunda reconfiguración do equilibrio de poder en Oriente Medio, marcada por unha crecente autonomía estratéxica das monarquías do Golfo, a diversificación das súas alianzas internacionais e unha progresiva orientación cara a Asia. Arabia Saudita emerxe como actor central desta transformación, mentres a India incrementa a súa relevancia económica e xeopolítica, os Emiratos Árabes Unidos exploran novas formas de influencia baseadas na interdependencia económica e Iraq consolídase como un dos principais prexudicados invisibles da crise. Máis alá da evolución inmediata da guerra, as dinámicas actuais suxiren a emerxencia dunha orde rexional máis multipolar, máis complexa e menos dependente dunha única potencia externa.

A guerra e o novo equilibrio rexional: Oriente Medio máis alá de Irán Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
Imaxe de Explosive media

Irán, Ormuz e o desgaste do poder estadounidense

Mentres Washington oscila entre ameazas maximalistas, pausas tácticas e anuncios contraditorios sobre o fin da guerra, Irán conseguiu transformar unha posición de aparente debilidade nunha estratexia de resistencia prolongada. Lonxe de producir o colapso esperado, o conflito revelou tanto a capacidade de adaptación iraniana como os límites dunha política estadounidense cada vez máis errática e subordinada a cálculos internos. Neste escenario, o estreito de Ormuz xa non representa unicamente unha vía enerxética estratéxica, senón unha ferramenta de presión política e simbólica nunha guerra onde non só se disputan territorios ou capacidades militares, senón tamén o control do relato, a percepción global do conflito e a redefinición da orde rexional.

Irán, Ormuz e o desgaste do poder estadounidense Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
Imaxe dun vídeo tipo Lego-Explosive Media.

De mísiles a memes: a guerra cultural entre Irán e Estados Unidos

Mentres continúan as operacións militares e se intensifica a confrontación entre Irán, Estados Unidos e Israel, a guerra non se libra unicamente no plano estratéxico ou territorial. En paralelo, despregase unha batalla menos visible pero igualmente decisiva: a disputa polo control do relato no entorno dixital. A través de formatos aparentemente triviais —como vídeos animados de estética simple e alto potencial viral—, os actores implicados procuran non só influír na percepción internacional do conflito, senón tamén redefinir o seu significado, os seus protagonistas e as condicións baixo as que poderá interpretarse o seu desenlace.

De mísiles a memes: a guerra cultural entre Irán e Estados Unidos Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Estados Unidos Oriente Medio
North America satellite orthographic

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 4. América (I): A IA como arma xeopolítica: Estados Unidos e Canadá fronte ao dilema de regulamentación

Tras analizar os modelos asiáticos, caracterizados por unha forte planificación estatal ou por estratexias graduais de gobernanza, o continente americano ofrece un contraste significativo. En particular, América do Norte amosa os límites do efecto Bruxelas cando entra en conflito con dinámicas federais complexas, prioridades xeopolíticas e unha concepción da IA como activo estratéxico de competencia global. Os casos de Estados Unidos (EE.UU) e Canadá resultan especialmente ilustrativos desta tensión entre liderado tecnolóxico e dificultade para consolidar marcos de regulamentación integrais.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 4. América (I): A IA como arma xeopolítica: Estados Unidos e Canadá fronte ao dilema de regulamentación Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Estados Unidos
Maduro capture January 3 2026

Operación Resolución Absoluta: Certezas e incógnitas en Venezuela

A captura do Presidente Maduro e a potencial toma de Venezuela polos EUA a cámara lenta non é un meteorito inesperado. Desde a toma de pose de Donald Trump hai case un ano e as primeiras ameazas a países como Dinamarca, Panamá ou Canadá, o goberno estadounidense redobrou o esgotamento da orde internacional vixente. Principalmente defendendo a posibilidade do uso da forza en nome dos intereses nacionais, mais tamén coa exclusión das solucións multilaterais, por exemplo coa súa saída do Tratado de París ou da Organización Mundial da Saúde.

Operación Resolución Absoluta: Certezas e incógnitas en Venezuela Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Estados Unidos Latinoamérica
Será espía ou non será?

Inflando o globo da ameaza

Será espía o globo ou non será? O tempo dirá. China di que o globo entrou accidentalmente no espazo aéreo estadounidense e por causas de forza maior, que é civil e con fins científicos. O Pentágono recoñeceu que non representaba un risco significativo en termos de intelixencia pero negando a maior.

Inflando o globo da ameaza Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos Asia China e o mundo chinés
Kevin McCarthy (medio) no Congreso en Washington, EUA o 6 de xaneiro (Foto: Xinhua Liu Jie)

O encrucillado taiwanés

Un dos temas clave na axenda dese cumio aprazado China-EUA debera ser o de Taiwán, a “liña vermella número un”, segundo a cualifican as autoridades chinesas. A falta dun compromiso na xestión deste contencioso pode condicionar integralmente as relacións bilaterais, que xustamente acadaron un dos seus niveis máis baixos dos últimos tempos trala visita da

O encrucillado taiwanés Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos Asia China e o mundo chinés
Blinken, á-dereita, conversa con Wang Yi, á esquerda (Foto arquivo: Reuters)

Perspectivas globais 2023: Un ano de falsa tregua

O mundo seguirá pivotando en 2023 sobre os dous eixes máis relevantes da tensión global con epicentros en Europa e en Asia. Iniciado nese ámbito estratéxico no cumio que os presidentes Joe Biden (EUA) e Xi Jinping (China) celebraron en Bali a mediados de novembro de 2022 no marco do G20, alongarase ata mediados de

Perspectivas globais 2023: Un ano de falsa tregua Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros
Capa do Tempos Novos nº304

Mar rizado en Taiwán

A través da resposta chinesa en forma de grandes manobras militares pero igualmente de decisións políticas, diplomáticas e económicas, puidemos apreciar os graves efectos da recente visita da presidenta do Congreso dos EUA, Nancy Pelosi, á illa de Formosa, así bautizada polos portugueses en 1590 en razón da súa beleza. As augas permanecerán axitadas durante bastante tempo e o difícil xogo xeoestratéxico que se está a desenvolver no estreito de Taiwán ameaza con se converter nun dos grandes conflitos no século XXI. Nesta ocasión, dende a perspectiva das autoridades chinesas, a decisión de repudiar a visita da terceira figura mais relevante na xerarquía institucional estadounidense a Taipéi, manifestada de forma insistente nas semanas e días previos, acadou o nivel coñecido como “wu wei yan zhi bu yu”, o máis elevado en termos de advertencia precisamente para remarcar que se trata dunha liña vermella.

Mar rizado en Taiwán Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos China e o mundo chinés