Europa : Palabra chave

Consello de europa 1

O Consello de Europa II: Mecanismos de defensa da democracia, os dereitos humanos e o Estado de dereito

Fundado en 1949, o Consello de Europa constitúe unha das pedras angulares da arquitectura institucional europea. Non obstante, segue a ser unha organización relativamente descoñecida para unha parte importante da cidadanía. En 2025 conmemóranse os 75 anos do seu instrumento máis emblemático: o Convenio Europeo de Dereitos Humanos (CEDH), adoptado en 1950. Esta efeméride convídanos a reflexionar non só sobre o legado xurídico da institución, senón tamén sobre a súa capacidade de acción nun continente onde os desafíos á democracia se intensifican. A continuación, examínanse algunhas das principais liñas de actuación que concretan a misión desta organización paneuropea.

O Consello de Europa II: Mecanismos de defensa da democracia, os dereitos humanos e o Estado de dereito Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
ucraina

A Cimeira da Coalición de Voluntarios en París para Ucraína

O 27 de marzo de 2025, celebrouse en París un Cumio coa participación de líderes de 31 países, convocados polo presidente francés Emmanuel Macron para abordar a situación en torno a Ucraína. Os puntos crave foron o reforzamento do apoio a Ucraína na súa defensa contra a invasión rusa, incluíndo axuda militar e financeira, xunto co mantemento da presión sobre Rusia, principalmente a través de sancións, para que acceda ao cesamento do fogo como un primeiro paso cara ao logro dunha paz xusta e duradeira en Ucraína, baseada no respecto á súa soberanía e integridade territorial.

A Cimeira da Coalición de Voluntarios en París para Ucraína Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
Fonte: Wikimedia, White House. President Joe Biden with U.K. Prime Minister Keir Starmer, German Chancellor Olaf Scholz and French President Emmanuel Macron at a “European Quad” leaders meeting on October 18, 2024, at the Chancellery in Berlin, Germany.

Camiñar cara ao desastre

A derrota da Ucraína no seu brazo de ferro con Rusia, que non é só a derrota deste país, senón de toda a coalición que alimentou o conflito – abandeirados na etapa final de 2022 en diante, prioritariamente polo goberno Demócrata norteamericano -, deixou atordados aos líderes occidentais, que teñen que vender a desfeita dunha forma convincente, plástica e útil, ao seu público.

Camiñar cara ao desastre Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Paradiplomacia
Apartados xeográficos Europa
A nova Comisión Europea constituiuse finalmente o 27 de novembro, para o periodo 2024-2029. Fonte Parlamento Europeo

O novo mandato da Comisión Europea (II): Unha Unión cada vez máis política

As audiencias públicas dos comisarios europeos evolucionaron significativamente en termos de atención mediática e tensión política. Alén do ruido, esta análise céntrase nas políticas públicas, que non cambiarán moito independientemente de quen leve a carteira

O novo mandato da Comisión Europea (II): Unha Unión cada vez máis política Ler máis »

Apartados xeográficos Europa
x social media card en

Cambios de paradigma no novo mandato da UE (I): A triple coalición e a novísima dereita

Perante as eleccións europeas, entre o 6 e o 9 de xuño, a liña de investigación de Unión Europea do IGADI elabora esta nota de análise dos principais factores que marcarán os próximos cinco anos de axenda comunitaria.

Cambios de paradigma no novo mandato da UE (I): A triple coalición e a novísima dereita Ler máis »

Liñas de investigación Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
Fotovoltaica

A revolución fotovoltaica en Galicia virá de Europa

Segundo informa o Parlamento Europeo, tres cuartas partes das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE débense ao sector da enerxía, que envolve á produción de electricidade, de calor, e ao seu transporte. Por este motivo, e para acadar o obxectivo de neutralidade climática da UE para 2050, acelerar a implantación das enerxías renovables é un factor clave para reducir as emisións do sector eléctrico e avanzar na estratexia “verde” europea. Ademais, a escalada da guerra na Ucraína acelerou a necesidade de desconexión europea das enerxías fósiles, tanto pola “recomendación” da OTAN de non contratar co veciño ruso como polo encarecemento  enerxético froito das compras de gas natural licuado estadounidense.  

A revolución fotovoltaica en Galicia virá de Europa Ler máis »

Liñas de investigación Economía Unión Europea
Apartados xeográficos Europa