galicia china : Palabra chave

as voces da auga

China no imaxinario literario galego contemporáneo

A presenza de China na literatura galega contemporánea é, en termos cuantitativos, modesta, pero resulta reveladora desde unha perspectiva cualitativa. Ao contrario do que acontece noutras tradicións literarias europeas, onde China foi construíndo un espazo propio no imaxinario literario desde o século XIX, a literatura galega apenas lle dedicou unha atención sostida. Cando aparece, faino adoito como espazo de alteridade, como escenario dunha experiencia viaxeira, como metáfora dunha transformación global ou, máis recentemente, como interlocutor dunha Galicia cada vez máis consciente da súa inserción internacional.

China no imaxinario literario galego contemporáneo Ler máis »

Logo do Campus Industrial de Ferrol

A Universidade da Coruña e o IGADI asinan un Convenio de colaboración para impulsar a internacionalización do Campus Industrial de Ferrol

O Convenio entre a Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) asinado o pasado 21 de decembro de 2022 atinxe ámbitos variados no eido da internacionalización de interese común para as dúas entidades, enfocando a súa atención no traballo do Observatorio da Política China (OPCh). O OPCh é unha

A Universidade da Coruña e o IGADI asinan un Convenio de colaboración para impulsar a internacionalización do Campus Industrial de Ferrol Ler máis »

A metamorfose do comunismo na China. 2021

Ríos X. “A metamorfose do comunismo na China, unha historia do PCCh (1921-2021)” (2021) A editorial galega Kalandraka publicou «A metamorfose do comunismo na China. Unha historia do PCCh: 1921-2021″. Publicado orixinalmente en galego, lanzouse tamén en castelán, catalán e portugués. O autor analiza nas súas 435 páxinas a traxectoria ideolóxica do PCCh a través

A metamorfose do comunismo na China. 2021 Ler máis »