LiñainvestigaciónEconomía : Palabra chave

galeguidades.hub .gal

Innovar e aproveitar a diáspora galega para o desenvolvemento económico

Liñas de investigación Economía Observatorio das Diásporas
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

Con datos do INE, o número de galegos no exterior superaba o medio millón (527.449) en 2023, case una quinta parte (19,54%) do total de habitantes censados en Galicia. O perfil maioritario de galegos no exterior é o de non nacidos na Comunidade Autónoma (73,32%), fronte aos nacidos en Galicia (26,68%). Con estas cifras Galicia continúa a ser a autonomía española con maior diáspora no estranxeiro, superando en 200.000 emigrantes a Andalucía, e en maior cantidade a Cataluña e Madrid.  

Zona Franca Vigo-Bouzas. Fonte: Wikipedia

O Sector da Automoción en Galicia: Desafíos e Oportunidades nun Mercado Global en Cambio

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
Apartados xeográficos Europa

A industria automobilística desempeñou un papel crucial na economía de Galicia nas últimas décadas, posicionándose como un dos principais motores de crecemento e internacionalización da rexión. Este artigo analiza a importancia do sector para a economía galega, a súa proxección internacional e os desafíos e oportunidades que enfronta no contexto global actual.

the world of tomorrow by hrolfgard d824em3 pre

As tensións comerciais entre a UE e China en clave galega

Liñas de investigación Economía
Apartados xeográficos China e o mundo chinés

Tras un turbulento inicio do mes xuño, o 22 de xuño a UE e China decidiron darse unha tregua para evitar a escalada dos aranceis aos vehículos eléctricos. O comisario de comercio da UE, Valdis Dombrovskis, e o ministro de Comercio chinés, Wang Wentao, anunciaron nesa data que a proposta de suba dos aranceis aos vehículos chineses en Europa ía ser revisada. Para isto, anunciouse que a data límite sería o mes de xullo, no que comezarían a aplicarse as subas previstas en caso de non haber acordo.

Gran teatro de la habana centro gallego 1

Galicia e Cuba: Lazos e desenvolvemento

Cuba foi un escenario moi importante para a simboloxía e sentir dos galegos. Foi alí onde a nosa bandeira se izou por primeira vez no ano 1904 e onde, 3 anos máis tarde, a letra do noso himno escrita por Eduardo Pondal foi entoada antes que na nosa terra, estreándose no Gran Teatro de La Habana.

Ence na ria

Houston, temos problemas medioambientais

Liñas de investigación Economía
Apartados xeográficos Outros

Non cabe dúbida de que o problema medioambiental é unha das principais preocupacións a nivel mundial. Recibimos constantemente entradas de información nese sentido. Así, nos últimos días o presidente Biden (EEUU) manifestou –dentro dunha concepción bipolar mundial-  que se hai algo máis perigoso que Putin no mundo, iso é o cambio climático. A alteración das temperaturas, o derretemento dos casquetes polares, ou a extinción de especies de fauna e flora son algunhas das consecuencias xa palpables.

diegocaboverde

Innovar en mercados: É Cabo Verde unha oportunidade para Galicia?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

O pasado vinte e xaneiro o pobo caboverdiano celebraba o cincuenta e un aniversario do día da súa declaración de liberdade, que non foi recoñecida ata xullo de 1975. A día de hoxe, e con arredor de medio millón de habitantes, as súas dez illas volcánicas macaronésicas son fonte de contrastes.

Tecnopole

Exportar a alta tecnoloxía galega

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

A investigación vén remarcando a través de numerosos estudos nos últimos anos que a innovación é fonte de crecemento e motor do desenvolvemento económico. Polo tanto, a aposta pola innovación é unha necesidade para o tecido empresarial galego. A pesar disto, o esforzo en investimento en I+D apenas supera o 1% respecto ao PIB en Galicia, tanto a nivel público como privado.